Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

AG-59, unha autovía innecesaria e destructiva

A ampliación da autovía AG-59 contribuirá á crise climática e deteriorará o espazo natural Sistema Fluvial Ulla-Deza, o tráfico na estrada convencional non chega nin ao limiar marcado pola propia Xunta e suporía un malgasto de 48 millóns de euros en plena emerxencia sanitaria.

Ecoloxistas en Acción, que forma parte da plataforma Stop ampliación AG-59, oponse á construción dun novo treito de 7,5 km de autovía entre A Ramallosa (Teo) e a estrada PO-842 (A Estrada), por consideralo innecesario e prexudicial para o clima e o territorio.

A ampliación da AG-59 contribuiría ao aumento das emisións de gases causantes de cambio climático debido ao gasto enerxético asociado á súa propia construción e ao incremento do tráfico que induciría. No treito da autovía xa construido, entre Santiago e A Ramallosa (Teo), o tráfico aumentou un 50 % desde 2009, primeiro ano completo en servizo. Mentres, no mesmo traxecto pola estrada convencional AC-841 pouco diminuiu, e no treito máis utilizado, o que atravesa o concello de Santiago entre Os Tilos e O Castiñeiriño, os niveis de tráfico aproximábanse en 2019 aos anteriores a 2009.

La entrada AG-59, unha autovía innecesaria e destructiva aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires