Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

A gran contradicción de Galicia: risco de sequía e humedáis en risco

Ecoloxistas en Acción A Coruña Sur e Ecoloxistas en Acción Costa da Morte, xunto con outras plataformas veciñais e entidades ecoloxistas, piden á Oficina Técnica da Seca da Xunta de Galicia que paralice de inmediato a tramitación e instalación de estacións eólicas enriba de brañas e humidais e as centrais hidroeléctricas reversibles que ameazan a viabilidade ecosistémica dos ríos galegos.

A Xunta de Galicia vén de convocar para este xoves a Oficina Técnica da Seca ante a preocupación xeralizada pola falla de auga nos encoros e a seca que se está a producir arestora en Galicia e que pon en situación de risco o abastecemento humano.

Ecoloxistas en Acción A Coruña Sur, Ecoloxistas en Acción Costa da Morte, A Plataforma Quijote de Outes, a Asociación ambiental Fonte Seca, a Asociación Parques Eólicos Outes, Mazaricos), Asociación ambiental Petón do Lobo, Asociación galega Cova Crea, Asociación “O Ouriol” do Anllóns, Plataforma Veciñal O Cerqueiral, Plataforma Non Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural e VerXallas Patrimonio e Natureza; esixen á Oficina Técnica da Seca da Xunta de Galicia, a Augas de Galicia e á Consellería de Infraestruturas e Movilidade que, ante o estado de prealerta por seca en 12 dos 19 sistemas de abastecemento da cunca hidrográfica Galicia –Costa, se paralice a tramitación e a instalación das estacións eólicas previstas sobre brañas e humidais ou ben con afección severa á rede fluvial galega e ás nascencias dos ríos nos cumes e ladeiras de montañas.

Están a danar gravemente os recursos hídricos do país e isto vai a ter consecuencias e curto, medio e longo prazo. Non se pode xogar coas nascencias dos ríos e das fontes. Non se poden instalar parques eólicos sobre brañas, humidais e hábitats de turbeiras nin sobre as divisorias de augas, algo bastante común e frecuente. De feito teñen freado o desarrollo do Decreto que regula o Rexistro de Humidais de Galicia para continuar a facer falcatruadas cos recursos hídricos do país.

Así cómpre recordar como parques eólicos xa autorizados como os de Greenalia en Santa Comba e Coristanco instálanse directamente enriba de brañas tan emblemáticas e ecosistemas húmidos tan importantes como a Braña Rubia ou lagoa de Alcaián, a Braña da Serra, A Braña Rica, A Braña Ancha, a Braña da Fonte da Braña ou o parque eólico A Lagoa, en Santa Comba e Zas, que se asenta directamente como ben indica o topónimo sobre unha braña.

Tamén en Outes está prevista a instalación de parques eólicos sobre brañas como as de Valadares,un complexo húmedo nun estado de conservación escepcional cunha rica biodiversidade e hábitats de turbeira. O parque eólico Maragouto, parque eólico O Vao, parque eólico San Cosmeiro, serían os parques con afeccións mais graves a esta zona,outros parques eólicos son A Vaqueira, Sete Fontes e Banzas, este último é o parque eólico que recibiría a evacuación de todos os parques citados e de construirse podría afectar gravemente a unha zona de turbeiras ao carón do bosque atlántico de Santa Leocadia ,un patrimonio natural que está en serio risco.

Os humidais son fontes de vida, xa que o 40 % das especies do mundo viven ou se reproducen nestes espazos. Tamén son fonte de auga limpa e de alimento, de feito, unha de cada sete persoas depende dos humidais para o seu sustento. Os servizos que brindan os humidais son incalculables e insubstituíbles.

Centos de hectáreas de lagoas, lagos, brañas, xunqueiras, bosques húmidos e turbeiras están en serio risco de desaparición por mor da expansión denscontrolada de eólicos e infraestruturas hidroeléctricas en Galicia. En Galicia só hai 5 humidais protexidos ao abeiro do Decreto 110/2004, do 27 de maio. Posteriormente no ano 2008 a Xunta de Galicia aprobaba o Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia,
vixente na actualidade. Desde o ano 2008, data de creación do Inventario como rexistro público de consulta dos humidais, a Xunta abandonouno por completo e non se molestou en inventariar debidamente os humidais galegos incumprindo de cheo a Directiva 2000/60/CE, pola que e establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas (en diante DMA).

O obxectivo ambiental da Directiva Marco da Auga da Unión Europea é “establecer un marco para a protección das augas superficiais continentais, as augas de transición, as augas costeiras e as augas subterráneas que preveña todo deterioración adicional e protexa e mellore o estado dos ecosistemas acuáticos e, con respecto ás súas necesidades de auga, dos ecosistemas terrestres e humidais directamente dependentes dos ecosistemas acuáticos”.

A inscrición dun humidal no Inventario de humidais de Galicia deixará constancia, como mínimo da súa dentificación, denominación e descrición, codificación e denominación do humidal, descrición xeral do humidal, tipoloxía, localización e superficie, localización xeográfica, administrativa e hidrolóxica, superficie do humidal, hábitats, vexetación e flora, fauna, réxime de protección, plans e medidas de conservación, estado de conservación e cartografía. Ao non facerse nada, técnicamente para a Xunta de Galicia non existen.

Ao non delimitarse debidamente os humidais do Inventario difícilmente se poden identificar, controlar e moito menos cumprir cos obxectivos de calidade destas masas de auga que esixe a DMA e por tanto, xa non habería ningún obxectivo ambiental que cumprir, abandonando a súa sorte estes espazos que prestan grandes e valiosos servizos ecosistémicos.

O desleixo da Xunta de Galicia con respecto aos humidais e de tal envergadura que na praxe a cidadanía ten que pasar polo que indican as empresas nos proxectos, sen poder constatar a veracidade do que neles se relata. As obras de construción das infraestruturas industriais sobre estes espazos ou con afección aos mesmos, provoca a desaparición dos valores naturais destes. A apertura de viais, as cimentacións, as gavias de cabreado, a construción das subestasións eléctricas, as liñas de evacuación e os centros de transformación están a provocar a framentación e drenaxe destas zonas húmidas con un impacto ambiental irreversible e inasumible nunha época de crise climática como a actual.

As turbeiras son importantes sumidoiros de carbono e por tanto son cruciais para facer fronte a unha emerxencia climática que está a acelerar a perda de biodiversidade. Os humidais están a desaparecer máis rápido que ningún outro ecosistema e a implantación de proxectos industrais no seu ámbito xeográfico non é a solución adecuada para contribuír ao cambio climático. Existen numerosas zonas de humidais, xuncais, brañas e lagoas e directamente afectadas polos aeroxeradores. En consoancia co artigo 21 da Lei 7/2021, do 20 de maio, de cambio climático e transición enerxética, relativo á consideración do cambio
climático na planificación e xestión territorial e urbanística, así como nas intervencións no medio urbano, na edificación e nas infraestruturas do transporte, os humidais, as brañas e as lagoas, ao igual que as nascencias dos ríos deberan ser consideradas zonas de sensibilidade e exclusión de infraestruturas eólicas, pola súa importancia para a biodiversidade, conectividade e provisión de servizos ecosistémicos.

La entrada A gran contradicción de Galicia: risco de sequía e humedáis en risco aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires