Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Os ríos e augas subterráneas están profundamente contaminados con praguicidas e outros contaminantes químicos

  • Ecoloxistas en Acción estudou as analíticas de contaminantes realizadas polos organismos galegos de xestión de ríos e augas subterráneas, a Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa e a Confederación Hidrográfica Miño – Sil.
  • Os datos de dito informe amosan que ambas cuncas sofren unha elevada contaminación con praguicidas e outros tóxicos, como derivados do petróleo. O estudo mostra tamén graves deficiencias legais e de xestión.
  • A pesar de repetirse durante anos os altos índices de concentración de isómeros de HCH (lindano) na Louriña e Baixo Miño, a Confederación Hidrográfica Miño – Sil non implantou ningunha medidas de mitigación e erradicación da contaminación.

[Informe] Ríos tóxicos

A contaminación química das augas superficiais e subterráneas ten graves consecuencias para os ecosistemas acuáticos, fauna, flora e saúde humana. Estas consecuencias superan a toxicoloxía oficial baseada no risco individual de cada tóxico e deben considerar o efecto combinado que se produce pola interacción de varias substancias químicas no medio ambiente e a saúde.

O estudo pormenorizado das analíticas de contaminantes químicos dos organismos oficiais do ano 2019, realizado por Ecoloxistas en Acción, pon de manifesto a elevada contaminación das augas superficiais (ríos, encoros, lagos) e subterráneas galegas con tóxicos de múltiples orixes, desde a industria petroquímica á agricultura industrial. Un claro exemplo é o do herbicida glifosato, principal contaminante en número de superacións da norma en augas do Miño-Sil.

Os datos analizados mostran serias deficiencias na lexislación, que se centra en analizar substancias en desuso mentres deixa fóra da análise outras amplamente empregadas na actualidade. Por citar un exemplo, queda sen analizar o 80 % dos praguicidas que se utilizan hoxe nos campos. A análise dos datos tamén deixa patente que as diferentes administracións non comparten un mesmo criterio para decidir o número de mostras a realizar ou sobre que substancias. Esta descoordinación fai imposible a comparación de resultados entre concas.

No informe, Ecoloxistas en Acción sinala que o organismo da conca de Galicia Costa unicamente analizou a matriz auga de augas superficiais. Non detectaron ningún contaminante, o cal chama a atención. Quizais se analizasen outras matrices, como sedimentos ou biota, nas que se acumula con maior facilidade contaminantes apolares como o lindano, é máis que probable que si detectasen algunha substancia.

Nas augas subterráneas tampouco detectaron ningún contaminante pero neste caso a razón pode ser o elevadísimo porcentaxe de límites de cuantificación non válidos. En augas superficiais, a estimación da porcentaxe das analíticas realizados pola cunca Galicia – Costa que incumpren os límites de cuantificación permitidos pola Directiva Marco da auga é do 31 %. En augas subterráneas, un 87 % dos límites de cuantificación son non válidos, o que resta rigor a toda a medición.

As administracións estatais e autonómicas deben eliminar as súas deficiencias de xestión e cumprir ao pé da letra coas normativas de augas. Por suposto, tamén deben  tomar medidas urxentes para controlar e reducir a contaminación detectada, como retirar a autorización a praguicidas que supoñan un grave prexuízo para os ecosistemas acuáticos.

La entrada Os ríos e augas subterráneas están profundamente contaminados con praguicidas e outros contaminantes químicos aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires