- Ecoloxistas en Acción de Ourense denuncian no empeoramento e cada vez máis avanzado estado de eutrofización do Encoro de Cachamuiña, que lamentablemente se estende ao río Loña, ao Encoro de Castadón e arredores.
- Reitera que temos un encoro enfermo, é un mal endémico e comezou a dar signos de contaminación xa antes de que chegue o verán.
- Solicita que todas nos comprometamos a realizar os trámites e acordos necesarios, así como outras actuacións que se consideren oportunas para mellorar a calidade das augas e evitar a podremia do ecosistema do encoro de Cachamuiña, do encoro de Castadón e os seus ríos.
A eutrofización consiste nun aporte excesivo de nutrientes á auga, especialmente fosfatos, nitratos e materia orgánica. Os nutrientes das súas augas proceden básicamente dos deterxentes disoltos nos vertidos, dos fertilizantes químicos e da materia orgánica do gando.
O 29 de xuño de 2022, cunha temperatura de 22 ºC, unha gran presenza de paseantes e deportistas na zona, puidemos observar o avanzado estado de eutrofización, estado que xa se repite no encoro de Cachamuiña, que agora se estendeu ao río Loña, e ao encoro de Castadón. Esta situación é preocupante, tremendamente alarmante e as datas vanse adiantando, este verán non foi caloroso, atopámonos cun encoro estancado, xusto no encoro pódese ver e cheirar as algas cianofíceas. En anos anteriores, os expertos comentaban que o caudal baixaba demasiado e a temperatura da auga subía en exceso. Este ano os responsables decidirin non abrir as comportas, deixando o caudal ecolóxico mínimo e atopámonos cun encoro enfermo, é un mal endémico e xa comezou a dar signos de contaminación, xa antes de que chegue o verán.
¿A ninguén lle dá vergoña dar esta imaxe da nosa cidade, nunca vimos estas augas en Ourense, non é para presumir, que pasa, ninguén sensible a este problema?
A auga do encoro presenta problemas de eutrofización, e se a isto lle sumamos os distintos puntos de vertedura no río Loña, Gaiola, Grañal (que atopamos nunha soa tarde), agravados nos últimos anos polo aumento dos vertidos augas arriba, nos ríos Loña, Gaiola e Grañal, en particular, procedentes de augas residuais domésticas de novos desenvolvementos urbanísticos da zona. A primeira vista, observamos unha gran cantidade de espuma na superficie destes diferentes regatos, río e mesmo no encoro de Castadón (tanto arriba como abaixo) augas mortas (eutrofización de algas provocada por vertidos non tratados e que provoca a morte dos peixes cando collen saprolegnia, fungos que os matan).
Dado que en Ourense apenas hai depuradoras que eliminen estes efluentes nun proceso de tratamento terciario -considerado moi caro polas autoridades-, estes fosfatos van directamente aos ríos e encoros. O mesmo ocorre cos nitratos e coa materia orgánica gandeira. Esta bacteria pode afectar a especies acuáticas, xa que xera «subprodutos moi tóxicos, clasificados no campo das neurotoxinas, capaces de alterar o sistema nervioso dos animais e dos humanos» Os ourensáns utilizamos as augas deste encoro, por suposto, cando están así, sácase auga do Miño, que non é moito mellor.
Minimizar a situación, alegando que adoita darse todos os veráns, entre os meses de xullo e outubro, non é un argumento, nin é normalizar algo que, polo tanto, se limita a cumprir o protocolo establecido, de «avisar aos concellos» que utilizan auga das zonas afectadas para consumo doméstico, para que apliquen “medidas correctoras”.
Dende Ecoloxistas en Acción de Ourense acordamos solicitar á Confederación Hidrográfica que se poña en contacto cos industriais da zona para que non vertan os residuos sen tratar aos ríos que abastecen de auga tanto ao encoro de Cachamuiña, ao río Loña, como ao encoro de Castadón, ao río Gaiolas, ao río Grañas así como ao seu regato, xa que sofren un alto grao de contaminación.
Propoñemos poñer en marcha unha serie de plans hidrolóxicos que establecerán límites de depuración das augas, conversas co sector dos deterxentes para tratar de reducir o contido de fosfatos neles. Suxerimos reducir os niveis de surfactantes (escumas). A Comunidade Europea ten normativas ao respecto e sobre a biodegradabilidade dos deterxentes que aínda non están aplicadas en España.
La entrada Eutrofización do Encoro de Cachamuiña aparece primero en Ecologistas en Acción.

0 Commentaires