Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Manifestacion ciclista polo clima en Compostela

  • O Movemento Galego polo Clima recibiu este mércores 13 en Compostela á Ecomarcha 2022 ciclista que recorre Galicia estes días.
  • Activistas climáticas sumáronse ás integrantes da Ecomarcha nunha manifestación ciclista desde a estación de ferrocarril ata a praza do Obradoiro.
  • Na manifestación reclamáronse investimentos para un tren público, social e ambientalmente sostible como eixo da mobilidade para superar a crise climática.

Manifestación ciclista diante da estación de tren de Compostela

A Ecomarcha ciclista de Ecoloxistas en Acción recorrere estes días Galicia visitando lugares ambientalmente agredidos para apoiar aos colectivos veciñais que loitan polo cese dos desastres ecolóxicos e a recuperación ambiental da zonas degradadas.

A pesar da vaga de calor extremo, máis de 100 ciiclistas de todo o Estado conforman o pelotón verde que durante 15 xornadas recorrerá a costa galega desde Pontevedra a Lugo.

Este mércores, a Ecomarcha abandonou o roteiro polo litoral para achegarse a Compostela, convidadas polo Movemento Galego polo Clima. Xuntas polo clima manifestáronse para demandar solucións reais para superar a crise climática.

Unha das demandas pricipais dos manifestantes é que o ferrocarril, un dos modos de transporte máis eficientes enerxeticamente e con menores emisións, sexa o eixo dunha mobilidade sostible e multimodal que contribúe tanto á construción de cidades máis habitables como ao equilibrio do conxunto do territorio.

Denuncian que o desplegue da Alta Velocidade consumiu grandes investimentos públicos, ten un gran impacto ambiental e enerxético, e contribuíu ao illamento de infinidade de zonas rurais. Esta concepción do transporte afástase do papel de prestación de servizo público, de vertebración do territorio e de reequilibrio territorial que debe xogar o ferrocarril

La entrada Manifestacion ciclista polo clima en Compostela aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires