Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Esixen á Xunta declarar a caducidade da mina de Varilongo

Ecoloxistas en Acción xunto con varias entidades e a veciñanza afectada ven de dar un ultimatum á Xunta de Galiza para que declare a caducidade das concesións mineiras que forman a mina de Varilongo, outorgadas en 1942 para permitir a explotación de volframio por unha empresa controlada pola Alemaña nazi.

A explotación da mina paralizouse en 1986, fai case 40 anos. Aínda que entre 1986 e 1988 se formalizaron autorizacións de suspensión temporal de labores, a actividade nunca se reiniciou. Logo de varios accidentes graves polos numerosos pozos e chimeneas, en 2007 a entón concesionaria presentou un plan de peche e abandono, cun orzamento de 874.000 euros, pero que a Xunta nunca chegou a aprobar, mantendo vivas as concesións.

Actualmente, e a pesar de que as concesións están incursas en causas de caducidade, dúas empresas pretenden usar esta situación irregular xerada pola Xunta para lanzar varios proxectos contiguos de megaminaría a ceo aberto, asentandos sobre as concesións.

Por unha parte, a empresa australiana Pivotal Metals (antes chamada Rafaella Resources) pretende abrir unha grande mina a ceo aberto de volframio e estaño en Varilongo, creando varias escombreiras de enormes dimensións e unha balsa de lodos que ocuparían centos de hectáreas. Por outra banda, a empresa sueca EuroBattery Minerals afirma que xa entregou o proxecto para abrir unha mina a ceo aberta de níquel e cobre sobre a Braña da Serra, situada entre Castriz e Salgueiras, nas nacentes do río Xallas.

Ecoloxistas en Acción xunto con outros colectivos ambientais e veciñais ven realizando denuncias continuadas polos impactos severos ao medio ambiente causados pola situación actual das concesións, incluíndo a existencia de vertidos ilegais de augas de mina con elevadas concentracións de metais pesados, a realización de sondeos ilegais ou a falta de restauración de pozos e chimeneas que causan un risco permanente á vida das persoas e da fauna.

Ecoloxistas en Acción esixe á Xunta de Galicia que, de xeito previo á declaración da caducidade, obrigue á empresa concesionaria a presentar un plan de peche e clausura que obrigue á mineira a restaurar as zonas afectadas, a poñer fin aos vertidos ilegais e a constituir as garantías económicas necesarias para evitar a súa fuga.

Asimesmo, a organización ecoloxistas lembra aos funcionarios e autoridades que son persoalmente responsable pola situación actual e que o propio Tribunal Supremo tense pronunciado no sentido de que a declaración de caducidade dunha condición é “un acto que non é discrecional se non que regrado e que debe adoptarse obrigatoriamente, baixo pena de responsabilidade, se se dan os presupuestos previstos pola Lei”.

La entrada Esixen á Xunta declarar a caducidade da mina de Varilongo aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires