- Ecoloxistas en Acción realizou durante o ano 2023 unha campaña de concienciación sobre a importancia da calidade do aire mediante unha exposición itinerante aparellada de charlas informativas en 12 colexios de primaria no concello de Vigo.
- Nesta ducia de colexios a organización ecoloxista realizou enquisas a máis de 600 nenos e nenas de primaria sobre a súa percepción sobre a crise climática, a situación da calidade do aire en Vigo e sobre o modo de mobilidade para trasladarse ata o colexio.
- Os resultados da enquisa reflicten que case o 80% do alumnado quere ir camiñando ou en bicicleta ao colexio, pero que apenas unha pequena minoría pode facelo pola inseguridade víal percibida nas rúas de Vigo.
Ao longo do ano 2023 Ecoloxistas en Acción realizou nos colexios de Vigo unha campaña de concienciación sobre a importancia da calidade do aire. A súa exposición itinerante sobre a contaminación atmosférica percorreu 12 colexios da cidade, nos que ademais se impartiron palestras informativas sobre como afecta a contaminación do excesivo tráfico de turismos tanto á saúde da poboación viguesa como ao cambio climático.
As palestras realizadas foron aparelladas dunha enquisa ao alumnado participante. Máis de 600 nenos e nenas contestaron diversas cuestións relacionadas coa mobilidade urbán, as afeccións a saúde causadas pola mala calidade do aire e de como afectan ao cambio climático.
Dos resultados da enquisa destaca que o 75% dos nenos e nenas encuestados prefiren ir camiñando ou en bicicleta ao colexio, un 20% quere ir en autobús escolar e só un 2% escolle o transporte en turismo privado. Pola contra, a realidade é ben distinta, a maioría do alumnado di que ten que trasladarse en vehículo a motor e só unha minoría (25%) pode facelo camiñando e menos do 2% en bicicleta pola inseguridade vial percibida nas rúas de Vigo.
Ecoloxistas en Acción sinala que está situación é debida a ausencia de medias para pacificar o tráfico de vehículos a motor e estabrecer corredores escolares seguros que propicien outros modos de mobilidade non contaminantes. Denuncian o desleixo do goberno local ante os graves prexuizos á saúde que acarrexa a contaminación causada polo excesivo tráfico rodado.
“Semella que a mocidade viguesa ten máis claro o que necesita a cidade que o propio goberno local. Hai que transformar Vigo nunha cidade de futuro para estas nenas e nenos e avandonar xa políticas desarrollistas do século pasado“, declara Ana Freiria, coordinadora da campaña de Ecoloxistas en Acción.
Esta campaña de concienciación xurde despois de que Ecoloxistas en Acción realizara a primeros de 2023 un mostreo da calidade do aire na contorna de 18 centros educativos en Vigo e detectarase que o aire era insán en todos eles. Todos os puntos muestreados pasaban amplamente a referencia da guía anual da OMS para exposicións de longa duración (10 µg/m3), e 13 dos 18 centros educativos a estudo superaron así mesmo a guía diaria da OMS para exposicións de curta duración (25 µg/m3) e nalgunha contorna se superou incluso os 40 µg/m3.
A organización ecoloxista lembra que a poboación infantil é especialmente sensible á contaminación atmosférica, debido á súa elevada frecuencia respiratoria, á súa maior exposición no ambiente exterior á inmaturidade dos seus sistemas respiratorio e inmunitario, sendo o NO2 un activo inmunodepresor.
Xa con anterioridade, no 2022, Ecoloxistas en Acción realizara durante varios meses un mostreo en 11 nudos de comunicación de tráfico recollendo datos de diversos parámetros relacionados con contaminantes atmosféricos. Tres dos parámetros medidos excedían de xeito sistemático os valores recomendados pola Organización Mundial da Saúde: os decibeis (db) de ruído diurno, a concentración de CO2 (ppm) e a concentración de partículas PM10 e PM2,5 (μg/m3) no aire.
Segundo este mostreo, as. medicions recollidas de material particulado PM2.5 triplicaban os máximos da OMS e nas zonas menos expostas ao vento chegaron a quintuplicar estes valores en repetidas ocasións. Hai que ter en conta que as partículas PM2,5 están asociadas con numerosos efectos negativos sobre a saúde, como o aumento das enfermidades respiratorias e a diminución do funcionamento pulmonar. Existe unha estreita correlación cuantitativa entre a exposición a altas concentracións de materia particulada (PM10 e PM2.5) e o aumento da mortalidade ou morbilidade diaria a longo prazo.
Por iso, desde Ecoloxistas en Acción recalcan que medidas como o fomento da mobilidade activa, a mellora do transporte colectivo ou a peonalización de rúas son necesarias e axudan a acadar os obxectivos, pero a grave situación só ten arranxo coa aplicación de medidas de maior calado como a declaración de amplas Zonas de Baixas Emisións (ZBE) nas zonas onde o aire se fai máis irrespirable e hai máis afluencia de viandantes.
“Vigo non pode agardar máis, levamos 2 anos de retraso, hai que designar xa amplas zonas de acceso moi restrinxido ao tráfico de vehículos a motor se queremos revertir a situación”, advirte Xaquín Pastoriza, coordinador do grupo de Vigo de Ecoloxistas en Acción.
La entrada O 75% do alumnado de primaria vigués quere ir camiñando ou en bici ao colexio aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires