Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

A Xustiza declara ilegal a «cidade deportiva» do Celta en solo rústico

O xulgado contencioso nº3 de Pontevedra acaba de fallar contra as instalacións deportivas do Celta construídas en terreos rústico de especial protección forestal en Mos. A maxistrada revocou a licencia municipal e declarou a cidade deportiva non conforme a dereito.

Ecoloxistas en Acción felicita á Comunidade de Montes de Tameiga polo fallo da xustiza que anula a licencia municipal.

A organización ecoloxista declárase satisfeita coa sentenza, xa que ven a darlle a razón as súas deuncias pola ilegalidade das obras da «cidade deportiva» do Celta. A maxistrada do xulgado nº3 de Pontevedra falla contra a licencia pola que o goberno local de Mos pretendía permitír a construcción dun edificio de case 3.000 m.2 cando pola cualificación do solo, rústico de especial protección, só podía construirse uns pequenos vestiarios e almacén imprescindible.

Lembran que a cidade deportiva carece de ningunha cobertura legal, xa que o Plan Especial de Infraestruturas que o goberno de Nidia Arévalo tentaba tramitar de xeito expres foi informado desfavorablemente pola Confederación hidrográfica Miño-Sil quedando así descartada a súa aprobación.

«Hai que felicitar a toda a veciñanza comuneira que durante estes máis de tres anos de loita non cedemos ás multiples ameazas, insultos e a campaña de atosigamento mediante denuncias realizada pola alcaldesa do Partido Popular, principal promotora deste desproposito urbanístico», resalta Catalina Coya, comuneira de montes de Tameiga, directiva da asociación veciñal A Portela -Tameiga e voceira de Ecoloxistas en Acción Vigo.

Ecoloxistas en Acción sinala que esta sentenza debe servir de exemplo para todo aqueles que desde as administracións se pensan que poden obrar por encima da lei e tamén para as empresas que operan con tan malas prácticas como as do presidente do Celta, Carlos Mouriño.

La entrada A Xustiza declara ilegal a «cidade deportiva» do Celta en solo rústico aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires