- Ecoloxistas en Acción rexeita os feitos que están a acontecer durante as festas da Peregrina en Pontevedra cos que ENCE pretende forzar a vontade da cidadanía.
- A organización ecoloxistas denuncia que estos actos se encadran dentro da estratexia de ENCE para burlar a lei e manter o seu emprazamento contaminante en Lourizán, agora sentenciado pola Audiencia Nacional como “ilegal” dende 2018.
Ecoloxistas en Acción considera que a violencia e agresividade mostrada no boicot do pregón das festas da Peregrina, lonxe de ser froito da espontaneidade. Sinalan que foi un acto meticulosamente programado, onde cada cal tivo a súa tarefa e o seu papel na utilización de artefactos explosivos e botes de fume, como os lanzados contra as persoas presentes no palco da Alameda, así como na agresividade e acoso aos representantes locais e a poboación presente, ata rebentar o acto. Nese reparto de papeis tamén estaban concelleiros do Partido Popular que consentiron e apoiaron os feitos cando mudaron a chaqueta polo chaleco pro-ENCE en dito acto.
A organización ecoloxista considera que a lexítima defensa dos dereitos laborais é incompatíble coa defensa dos privilexios empresariais e os intereses espurios de ENCE en Lourizán, incluída a supeditación da política forestal galega ás necesidades de eucaliptización de ENCE.
Ecoloxistas en Acción, na súa presentación do seo Informe Bandeiras Negras de 2021, volveu a sinalar á factoría de celulosa pola súa constante contaminación. Un informe baseado nun rigoroso estudo presentado pola Asociación Pola Defensa da Ría. En dita informe xa se alertaba das argucias, conivencias políticas (portas xiratorias) e impunidade, para evitar tanto o control ambiental da súa contaminación (especialmente pola deixación de funcións da Xunta de Galicia), como pola concesión da súa “ilegal” prórroga por Mariano Rajoy.
Apelan ás forzas sindicais para que xurdan formulacións que neutralicen estes actos contra a cidadanía de Pontevedra e bisbarra, no proceso de cumprimento da sentencia xudicial que garanta o cumprimento da lei e a saída da “tano-fábrica” de ENCE de Lourizán, onde manifestan que xamais debeu estar.
Ecoloxistas en Acción sinala a ENCE e a Xunta de Galicia como as únicas responsábeis do tempo perdido na procura de alternativas ás persoas empregadas na “tano-fábrica”, xa que o seu tempo máximo de permanencia legal sempre estivo supeditado ao 2018.
La entrada Rexeitan a campaña de acoso de ENCE á cidadanía de Pontevedra aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires