Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Augas de Galicia tramita unha autorización de vertidos encuberta para a mina de Touro

Algo se Esconde en Touro

  • A actuación proposta requeriría a revisión do plan de restauración da mina e do proxecto de abandono e clausura das instalacións de residuos mineiros.
  • O proxecto en trámite pretende autorizar o vertido de augas de mina de forma encuberta, simulando un trámite de obra en zona de cauces.

Esta semana finaliza o prazo de exposición pública ao que Augas de Galicia someteu o «Proyecto de Drenaje Integral de la Concesión de Explotación San Rafael», presentado pola empresa Explotaciones Gallegas, S.L., facéndoo pasar por unha obra en zona de cauces. Máis, en realidade, o proxecto implica unha autorización de vertidos de augas residuais mineiras nos cauces pluviais da zona e supón ademais unha modificación substancial do proxecto definitivo de abandono e clausura da instalación e do plan de restauración. 

Unha das autorizacións solicitadas afecta o río Portapego, que atravesa o Concello de Touro. Este cauce fluvial é coñecido pola súa profunda degradación e os altos niveis de contaminación, e tamén por ter protagonizado desbordamentos que puxeron en risco o ambiente da zona, a calidade das augas e a saúde das persoas.

Trámite encuberto en beneficio da empresa

A pesar do calado das actuacións previstas, o proxecto foi tramitado como «obras en zona de cauces», que é o mesmo previsto para actuacións menores, como o peche de fincas, ou a realización de obras en vivendas. O trámite implica menos días de exposición pública en comparación co da autorización de vertido, e non require informes sectoriais.

O que está tramitando actualmente Augas de Galicia como mera obra en zona de policía de cauces, é unha modificación do sistema de drenaxe dunha instalación de residuos mineiros dunha instalación de clase A, as de maior perigosidade. De feito, o depósito figura no Inventario de instalaciones de residuos de industrias extractivas cerradas y abandonadas en España que tienen un impacto medioambiental grave o que pueden convertirse a medio o corto plazo en una amenaza grave para la salud de las personas o para el medio ambiente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.

Explotaciones Gallegas, Cobre San Rafael e Augas de Galicia pretenden darlle saída a este trámite con apenas 20 días de exposición pública e sen os preceptivos informes sectoriais que esixe o procedemento de autorización de vertidos. Augas de Galicia tenta camuflar o seu proceder ilegal utilizando eufemismos como «puntos de devolución» para o que en realidade son «puntos de vertido».

Responsabilidade do Departamento de Minas

As modificacións propostas non son de feito competencia de Augas de Galicia, e só terían cabida dentro dos procedementos de modificación do proxecto definitivo de abandono e clausura da mina. E o motivo de non facerse así representa unha tentativa de encubrir a actuación do Departamento de Minas que dirixe Paula Urías e supón un proceder ilegal por parte de Augas de Galicia.

Organizacións ecoloxistas e veciñais da zona temos solicitado repetidamente o acceso tanto ao plan de restauración vixente como ao proxecto de abandono e clausura das instalacións de residuos, atopando sempre coa negativa da Xunta. Por esta razón, consideran que se pode estar encubrindo a súa inexistencia. 

Consideramos que están a forzarse os procesos administrativos en favor dos intereses das empresas mineiras. Isto pon en risco o medio ambiente e a saúde pública en áreas xa moi afectadas e vulnera os nosos dereitos cidadáns. Algo se esconde na política mineira da Xunta.

Algo se esconde

Co obxectivo de denunciar a falta de transparencia da Xunta de Galicia na autorización de proxectos mineiros altamente contaminantes por todo o país, Ecoloxistas en Acción comezou a campaña «Algo se Esconde». Só nos últimos anos, a Xunta aprobou proxectos para minas que non foron sometidas a avaliación ambiental, negou a personación no proceso de autorización tanto a organizacións ecoloxistas como a veciños e agochou información fundamental sobre os expedientes, que debería ser pública.

La entrada Augas de Galicia tramita unha autorización de vertidos encuberta para a mina de Touro aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires