Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Informe sobre as emisións de gases de invernadoiro (GEI) en Galicia

  • O declive do carbón baixou as emisións de GEI de Galicia un 24 % entre 1990 e 2019
  • Até 2019 as emisións de GEI non diminuíron de forma importante con respecto a 1990.
  • A baixada é insuficiente e só foi posíbel polo recorte das emisións no sector enerxético motivado pola caída da produción eléctrica con carbón.
  • Para contribuír ao obxectivo dos 1,5 graos cómpre diminuír as emisións polo menos un 65 % antes de 2030.
O informe As emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) de Galicia (1990-2019) de Ecoloxistas en Acción, a partir dos datos máis actualizados procedentes do inventario de emisións do Ministerio para a Transición Ecolóxica, aborda a evolución das emisións de gases causantes de quecemento global desde o territorio galego. Complétase cunha pequena análise da transición enerxética en Galicia, aspecto chave para a mitigación da crise climática.

Entre as conclusións do informe salientan as seguintes:

  1. As emisións de GEI de Galicia reducíronse un 24 % entre 1990 e 2019. É unha redución insuficiente que ademais foi conseguida de forma serodia e despois dun forte crecemento das emisións entre 1990 e mediados da década pasada.
  2. O recorte das emisións de GEI atinxido en Galicia iguala o logrado á escala da UE, pero o de Galicia non foi sostido no tempo, o que supuxo maiores emisións acumuladas. Ademais as emisións medias por habitante da UE eran superiores ás de Galicia en 1990.
  3. As tres cuartas partes das emisións de GEI proceden do uso de combustíbeis fósiles (petróleo, gas, carbón). O 21,4 % orixínanse nas industrias do sector enerxético (principalmente nas centrais térmicas de carbón e gas fósil) mentres que o consumo de enerxía fósil no transporte, na industria e noutros sectores (fogares, comercios, administración públicas, agricultura,…) é responsábel do 51,5 %.
  4. Practicamente toda a baixada das emisións totais de GEI de Galicia entre 1990 e 2019 foi debida á descarbonización parcial do sector eléctrico polo aumento da produción renovábel e a queda da actividade das centrais de carbón das Pontes (Endesa) e Meirama (Naturgy) en 2019. Estas centrais achegaban un terzo do total das emisións da nosa terra até 2018.
  5. As emisións causadas polo consumo de enerxía fósil no transporte, na industria e noutros sectores (fogares, comercios, administracións públicas, agricultura,….) aumentaron un 38 % entre 1990 e 2019. O maior incremento (55 %) rexistrouse no transporte de persoas e mercadorías, que se converteu na actividade con maiores emisións de GEI, representando hoxe un 26 % do total das emisións territoriais do noso país.
  6. A transición enerxética debería basearse nun forte decrecemento do consumo e nun desenvolvemento renovábel con participación cidadá. Sen embargo, o consumo galego de enerxía tende a se estabilizar en valores altos e o crecemento das enerxías renovábeis foi demasiado lento até hoxe, estivo protagonizado polo gran capital privado e implicou custos territoriais excesivos.
  7. A falta de ambición da Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050 da Xunta é enorme. O obxectivo de redución de emisións para 2030 é de tan só o 24,6 %, polo que xa foi practicamente logrado, a pesar do propio Goberno galego, defensor das centrais de carbón. É urxente elevar este obxectivo até polo menos o 65 % para estar en liña co Acordo de París.

La entrada Informe sobre as emisións de gases de invernadoiro (GEI) en Galicia aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires