- O procedemento mantense artificialmente aberto desde 2016, a pesar de que a Administración só tiña un ano para resolver.
- A pesar das reiterades falsedades da empresa mineira, a Xunta leva seis meses tentando aplacar a oposición veciñal con reunións de alto nivel coas cofradías.
Ecoloxistas en Acción ven de presentar esta semana alegacións contra a autorización de vertidos que a Xunta de Galicia pretende outorgar á mina de San Finx, en Lousame. Tanto a organización ecoloxistas como varias das confrarías de pescadores e concellos da ría de Muros-Noia coincidiron na apreciación de que a tramitación da autorización de vertidos, iniciada en 2016, é totalmente ilegal, evidenciando a corrupción sistémica por volta dos proxectos mineiros.
A pesar de que a Xunta tiña constancia dos vertidos da mina desde fai anos, Augas de Galicia escudouse na existencia do procedemento de autorización de vertidos para non aplicar as correspondentes sancións nin o canon de control de vertidos, aforrándolle á empresa máis de 30 millóns de euros nos 5 últimos anos. Para Ecoloxistas en Acción, esta práctica resulta iniciaría de presuntos delitos de malversación, prevaricación e encubrimento, que irá denunciar de contado.
A mina de San Finx ven provocando contaminación continua por metais pesados no curso fluvial contiguo e na ría de Muros e Noia, que non só forma parte da Rede Natura 2000 (LIC Esteiro do Tambre), máis que é unha das máis importantes zonas de marisqueo de toda a costa galega. Frente os impactos demostrados, o proxecto agora sometido a información pública, pretende non tratar as augas procedentes da escombreira e tampouco presenta ningunha medida para despois do peche da mina. O propio proxecto de tratamento é totalmente irrealista conforme un informe presentado polas Cofrarías de Noia e Portosín e máis o Concello de Muros.
As alegacións lembran que en 2009 se retomou a explotación mineira mediante un proxecto de explotación e un plan de restauración aprobados nese mesmo ano sen sometérense ao procedemento de avaliación de impacto ambiental, sen realizar calquera consulta ao órgano ambiental ou restantes órganos sectoriais (incluíndo o huidráulico) e sen sometérense a información pública, tamén preceptiva para a aprobación dos plans de restauración. Esta ausencia de avaliación de impacto ambiental e o absoluto desleixo por parte das Administracións son as responsábeis de que se permitise a contaminación continuada por metais pesados durante a última década.
La entrada A Xunta tramita ilegalmente a autorización de vertidos da mina de San Finx aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires