Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Denuncian a impunidade do sector mineiro ante a reunión de ministros de economía europeos e iberoamericanos en Santiago 

  • Ecoloxistas en Acción alerta sobre a inminente aprobación da Lei Europea de Materias Primas Críticas que levará a un boom especulativo de proxectos mineiros.
  • A organización ecoloxista sinala que Aznalcóllar, o maior desastre ambiental mineiro de Europa, continúa impune un cuarto de século despois, situación que se poderá repetir con novas minas.
  • Recomendan ás ministras e ministros, europeos e iberoamericanos, visitar algunhas minas próximas á capital, como Touro ou San Finx, para constatar o dano ambiental causado pola minería extractiva.

Ducias de activistas de Ecoloxistas en Acción e de comunidades afectadas pola minería en Touro e San Finx despregaron unha enorme pancarta denunciando a impunidade do sector extractivo. «Stop impunidade minería» rezaba a pancarta despregada no Monte do Viso, a poucos metros da Cidade da Cultura, de onde se celebra a reunión de ministros de economía da Unión Europea e Iberoamérica. Una cumbre organizada en Santiago de Compostela baixo o paraugas da presidencia europea española.

Coa acción, as activistas ecoloxistas queren denunciar a inminente aprobación da Lei Europea de Materias Primas Críticas, coa que se acurtarán aínda máis os prazos de tramitación dos novos proxectos mineiros.  Ademais nesta lei introdúcese a figura de proxectos estratéxicos de interese europeo cos que, denuncia a organización ecoloxista, inxectaranse miles de millóns de euros en proxectos destrutivos sen unha avaliación adecuada dos seus impactos. Isto levará a un boom especulativo de novos proxectos mineiros.

Ecoloxistas en Acción lembra que, lonxe das mellores prácticas, os estándares da industria mineira no Estado español han demostrado non estar nin sequera á altura da lexislación existente en países como China, Chile, Brasil, Ecuador ou Perú. Países nos que instalacións de residuos mineiros como as de Riotinto ou as propostas en Touro, nos arredores de Santiago, serían ilegais.  Destacan que a nova norma europea dificultará aínda máis a participación das comunidades afectadas ao reducir prazos e aumentar a asimetría existente entre a poboación e as grandes empresas mineiras e administracións.

«Con esta protesta queremos lembrar que, un cuarto de século despois do maior desastre ambiental mineiro de Europa, o de Aznalcóllar, a empresa sueca Boliden, concesionaria da mina, eludiu a súa responsabilidade polos danos causados. Un feito que segue evidenciando a impunidade coa que opera o sector extractivo mineiro en España», denuncia Iolanda Mato, portavoz de Ecoloxistas en Acción.

Sinalan desde a organización ecoloxista que agora mesmo estase tramitando a reapertura da mina dos Frades, en Aznalcóllar, rodeado dun escándalo de corrupción que levou á imputación de máis dunha decena de funcionarios da Junta de Andalucía. As activistas suxeriron aos líderes europeos e Iberoamericanos participantes que visiten algunhas das minas próximas á capital galega, como Touro, San Finx, Varilongo ou Monte Neme, para constatar os graves impactos sobre o medio ambiente e a saúde que están a causar esta forma ambientalmente irresponsable da minería en España. Un dano tamén económico, xa que afecta gravemente a sectores produtivos estratéxicos como a pesca, o marisqueo e as actividades agrarias sostibles.

 

 

La entrada Denuncian a impunidade do sector mineiro ante a reunión de ministros de economía europeos e iberoamericanos en Santiago  aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires