Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Augas de Galicia oculta os impactos da minaría nos ríos galegos no proxecto de Plan Hidrolóxico Galicia-Costa 2021-2027

  • Ecoloxistas en Acción formulou alegacións ao Plan Hidrolóxico evidenciando erros e falsedades asociados á contaminación mineira.
  • Entre as principais eivas do plan atópanse omisións nas substancias contaminantes na mina de Touro, Varilongo e San Finx e tamén deficiencias na valoración do estado dos ríos e regatos contaminados pola minaría.

Ecoloxistas en Acción presentou unha serie de alegacións á proposta de proxecto de Plan Hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa ciclo 2021-2027 (PHGC) e do Estudo ambiental estratéxico da proposta de proxecto de plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa ciclo 2021-2027, que se atopaba en consulta pública desde o pasado 15 de abril.

As alegacións formuladas sinalan erros graves e omisións na proposta de Plan Hidrolóxico presentada por Augas de Galicia, que ocultan a gravedade dos impactos que a minaría ten sobre os ríos e regatos de Galicia. 

Entre as principais eivas do plan, as alegacións recollen as seguintes:

  • A localización das Estacións do Programa de Control Operativo non permiten realizar un control axeitado da contaminación procedente de explotacións mineiras, como acontece nos ámbitos de afectación da Mina de Touro, a de Varilongo ou a de San Finx.
  • Existen valoracións erróneas ou incompletas no relativo ao estado ecolóxico, o nivel de deterioro, a evolución e o cumprimento de obxectivos ambientais para determinadas masas de auga afectadas por explotacións mineiras (Rego do Lourido, o Río Seixo de Landoi, o Rego da Braña Ancha, o Río Brandelos e o Río Pesqueira).
  • Aparecen erros e inconsistencias graves tanto na normativa aplicada como no programa de medidas para mellorar as condicións de explotación e mantemento dos aproveitamentos mineiros.
  • Non inclúe a Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Froxán no Rexistro das Áreas Protexidas do PHDGC das Áreas Conservadas por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais (ICCAs) a pesar de ser recoñecida como tal na Base de Datos Mundial de Área Protexidas xestionada polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente.
  • Bótase en falta a inclusión de medidas para democratizar a participación nos órganos de goberno e xestión que deben velar pola adecuada aplicación das medidas do PHGC, moi en particular do seu Consello Reitor, no que se ten pechada a porta a unha participación efectiva das organizacións ecoloxistas dun xeito inclusivo.

En opinión de Ecoloxistas en Acción, na súa actual redacción, «o proxecto de Plan Hidrolóxico Galicia-Costa contén erros, omisións e inconsistencias graves, así como obstáculos para a participación e esquecemento de medidas de protección que poderían contrubuír á conservación das masas de auga presentes no noso país, o cal supón unha enorme ameaza para ríos, regatos e mesmo a costa que se ve hoxe afectada pola minaría en Galicia».

Algo se esconde

Co obxectivo de denunciar a falta de transparencia da Xunta de Galicia na autorización de proxectos mineiros altamente contaminantes por todo o país, Ecoloxistas en Acción comezou a campaña «Algo se Esconde». Só nos últimos anos, a Xunta aprobou proxectos para minas que non foron sometidas a avaliación ambiental, negou a personación no proceso de autorización tanto a organizacións ecoloxistas como a veciños e agochou información fundamental sobre os expedientes, que debería ser pública.

La entrada Augas de Galicia oculta os impactos da minaría nos ríos galegos no proxecto de Plan Hidrolóxico Galicia-Costa 2021-2027 aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires