Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Chaman ao rural ourensá a frear a proliferación de macrogranxas

  • Ecoloxistas en Acción de Ourense chama á veciñanza do rural ourensá a organizarse para frear o despliegue da gandería industrial nesta provincia.
  • Ante o desleixo das administracións neste grave problema ambiental, a organización ecoloxistas confeccionou unha guía cos pasos que pode dar a veciñanza para impedir que se instalen máis macrogranxas na súa comarca.

A guía presentada por Ecoloxistas en Acción de Ourense é un manual para que os veciños dos pobos afectados pola gandería industrial dispoñan de ferramentas xurídicas e administrativas para facer fronte aos incesantes asentamentos de industriais de gando intensivas.

A guía contó con asesoramento da Coordinadora Stop Ganadería Industrial e está adaptada á normativa autonómica galega. Ecoloxistas en Acción é un das 40 organizacións que conforman esta coordinadora,  que ademais aglutina a plataformas, entidades e colectivos de todo o Estado que padecen as mesmas situacións de prexuízos ambientais e de saúde nos seus pobos.

“Hai unha ampla problemática asociada a este tipo de industria: á contaminación ambiental en diversas áreas (auga, aire, solos, subsolos) engádese a ameaza para a saúde pública que supoñen estas instalacións preto dos pobos e das vivendas, como os alton índices de nitratos dos pozos particulares». Sinala Montse Valencia, integrante da coordinadora e tamén representante da plataforma Auga Limpa XA da Limia. Pero non son os únicos prexuízos,  alertan desde Ecoloxistas en Acción, a devaluación patrimonial de bens particulares é unha carga persoal que non están tendo en conta as administracións. Ninguén que coñeza o problemas das macrogranxas vai compar unha propiedade, un terreo ou iniciar unha actividade empresarial nunha zona afectada por elas.

Lembran que a Xunta de Galicia é responsable do outorgamento de autorizacións tanto para novas instalacións gandeiro industriais como para a ampliación das existentes. A pesar disto, a Xunta non facilita ferramentas de información á veciñanza. Ecoloxistas en Acción atende as veciñas e veciños que acuden a eles e axudanlles a comprender cal é o procedemento a seguir para denunciar ou para, polo menos, solicitar información.

Sinalan que a veciñanza non é única que precisa documentarse, hai moitos rexedores municipais que descoñecen o que teñen ou poden facer para frear estas instalacións.

“Hai zonas como a Limia en Ourense ou o Deza en Pontevedra cunha carga gandeira intensiva tan brutal que convertense en comarcas cunha situación de contaminación ambiental irreversible. A veciñanza acaba marchando e os pobos quedan baleiros». Denuncia Nancy Blanco, vocería de Ecoloxistas en Acción de Ourense.

La entrada Chaman ao rural ourensá a frear a proliferación de macrogranxas aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires