- A Ecomarcha ciclista de Ecoloxistas en Acción realizou unha concentración diante das instalacións da regasificadora Reganosa, en Mugardos, para denunciar que, en contra do que queren facer crer desde o sector gasístico, o gas fósil non é un combustíbel limpo.
- A organización ecoloxista presentou no acto o informe “GNL: al caos climático por la vía líquida” no que expoñen as 10 razóns polas que o gas fósil licuado non é unha opción para superar a crise climática. Na elaboración do informe participou ademais, entre outras, Amigos da Terra.
- No acto participou o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol quen sinalou que Reganosa, que segue a funcionar sen autorización, xa tivo cinco sentenzas en contra dos tribunais. Ademais esta industria fósil contribúe ao colapso biolóxico da ría de Ferrol.
A Ecomarcha ciclistas de Ecoloxistas en Acción está formada por máis de 100 activistas ecoloxistas que durante dúas semanas recorren Galicia a golpe de pedal para reivindicar e apoiar causas sociais e ambientais como venimos haciendo desde 2010. O roteiro comenzou o pasado 9 de xullo en Pontevedra e rematará o 24 de xullo en Lugo pasando por Santiago e A Coruña e recorrendo parte da Costa da Morte xusto cando van cumplirse 20 anos da catástrofe do Prestige.
A planta regasificadora de Mugardos era parada obrigada para o ecopelotón ante a necesidade de alertar que o consumo de gas fósil medrou o 62% desde 2015, polo atraso no desenvolvemento das enerxías renovábeis. No acto diante da planta de Reganosa denunciaron que a pesar de que o gas é un combustible fósil que contruibúe ao efecto invernadoiro, a Xunta segue apostando pola planta regasificadora de Mugardos, na que ademais se está a descargar gas natural licuado de “fracking”.
A necesaria e urxente transición enerxétical non concorda con seguir a consolidar a industria fósil no noso país. Máis cando Reganosa, que segue a funcionar sen autorización e conta con cinco sentenzas en contra dos tribunais, contribúe ao colapso biolóxico da ría de Ferrol.
No propio acto, Ecoloxistas en Acción presentou o informe “GNL: al caos climático por la vía líquida” no que ofrece argumentos para rebater o papel esaxerado que se lle atribúe ao gas natural licuado (GNL) no futuro enerxético europeo e demostra que se trata dunha perigosa distracción da transición enerxética xusta cara ás enerxías renovables que tanto se necesita.
O informe pretende dar a voz de alarma sobre o despregamento deste gas en Europa como un intento de abordar o asunto da seguridade enerxética. Nel expóñense dez argumentos crave que poñen de manifesto a gran cantidade de problemas que conleva o GNL.
Ecoloxistas en Acción advirte que o gas natural licuado non representa unha solución climática real, máis aínda se temos en conta que as regasificadoras como Reganosa están a recibir gas procedente do “fracking” cunha pegada de carbono que mesmo pode chegar a ser superior á do carbón.
“O uso de gas fósil a longo prazo é incompatible coa acción climática. Europa debe afástarse dos combustibles fósiles dunha vez por todas e non comprometer á poboación con máis costosos investimentos en infraestruturas de combustibles sucios” declaran dende a organización ecoloxista.
La entrada Concentración diante de Reganosa para denunciar que o gas non é unha opción aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires