Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Denuncian que os niveis de cadmio no río San Finx superan 78 veces os valores máximos permitidos

  • A plataforma Comarcal contra Os Vertidos, da que é integrante Ecoloxistas en Acción, denuncia que  o río que soporta os vertidos da mina de San Finx  presenta niveis de cadmio superan 78 veces o valor máximo permitido pola lexislación. O mesmo sucede para outros metais pesados como o cobre ou o cinc, para os que se superan 48 veces e 8 veces respectivamente os valores máximos permitidos.
  • A plataforma, que agrupa as confrarías de mariscadoras e pescadorese así como organizacións ecoloxistas, r eclaman á Xunta que inicie o expediente sancionador e dan traslado dos resultados das analíticas ao Xulgado de Noia.

Logo das últimas denuncias realizadas polas confrarías e organizacións ecoloxistas agrupadas na Plataforma comarcal contra os vertidos, o pasado 11 de agosto os técnicos de Augas de Galicia tomaron varios mostras tanto augas arriba como augas abaixo da mina de San Finx, en Lousame.

Esta semana véñense de coñecer os resultados de laboratorio, mostrando que augas abaixo das balsas da mina os niveis de cadmio, substancia perigosa prioritaria e elemento canceríxeno, os niveis de cadmio superan 78 veces o valor máximo permitido pola lexislación. O mesmo sucede para outros metais pesados como o cobre ou o cinc, para os que se superan 48 veces e 8 veces respectivamente os valores máximos permitidos.

En contraste con estes datos, na mostra tomada augas arriba, na zona do museo, os valores encontrábanse dentro da legalidade, o que evidencia que a contaminación se produce polas vertidos ilegais e lixiviados que continúa causando a mina. Por este motivo, desde a Plataforma esixen á Xunta que inicie os correspondentes expedientes sancionadores por vertidos ilegais e retire á empresa mineira a autorización de verteduras concedida ilegalmente no pasado mes de febreiro, por vulneración do condicionado.

Por outra parte, as confrarías de Noia e Portosín, que iniciaron un proceso penal contra a empresa mineira por presuntos delitos contra o medio ambiente, xa trasladaron estas novas evidencias ao Xulgado instrutor da causa en Noia, solicitando que adopte medidas cautelares para evitar a continuidade do dano.

Procesos xudiciais pendentes

Á marxe da causa penal, xa están en curso varios procesos xudicial contra a propia autorización de verteduras, desta volta sendo os xulgados do contencioso de Santiago os que terán que resolver sobre a legalidade do permiso outorgado o pasado mes de febreiro.

Mesmo así, adiantan una avalancha de demandas unha vez que Augas de Galicia aínda non resolver os máis de 20 recursos de alzada presentados contra a autorización, incluíndo os das confrarías de Noia, Portosín, Porto do Son, Muros e Rianxo, as organizacións de produtores de mexillón Olvimar e a APM da Pobra, así como Ecoloxistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega, ADEGA, Verdegaia, Sociedade Galea de Historia Natural, Montescola, Sindicato Labrego Galego, Tralapena e Salvemos Monteferro.

Para a plataforma comarcal os recursos presentados evidencian a enorme oposición social a unha autorización ilegal que se outorgou tras sete anos de irregularidades. Lembran que os propios altos cargos e funcionarios da Xunta que outorgaron a autorización de vertidos están imputados nunha causa xudicial paralela por presuntos delitos de prevaricación, malversación e falsidade documental.

La entrada Denuncian que os niveis de cadmio no río San Finx superan 78 veces os valores máximos permitidos aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires