Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

O Tribunal Superior de Xustiza da a razón a Ecoloxistas en Acción e mantén a paralización cautelar da mina da Penouta

  • O TSXG desestima os recursos da Xunta e de Strategic Minerals impoñéndolle as costas.
  • O Tribunal recoñece que a Xunta omitiu a avaliación de impactos sobre a Rede Natura 2000 durante a tramitación da autorización.

Maquinaria pesada en la mina de Penouta, a 2 de diciembre de 2023, en Viana do Bolo, Ourense, Galicia (España). Esta se trata de la única mina de coltán en toda Europa. Estaba siendo explotada por la empresa Strategics Minerals Spain hasta que este pasado mes de octubre, la sala de lo contencioso del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia suspendió cautelarmente la resolución de 2022 de la Xunta de Galicia que autorizaba el proyecto de explotación de la mina tras la denuncia de Ecoloxistas en Acción. La organización ecologista se queja del impacto de la mina, incluyendo los vertidos de residuos en los riegos de la zona y que afectan al LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) de Peña Trevinca.

Novo revés xudicial á empresa canadense da Mina da Penouta e á propia Xunta, que ven desestimados os seus recursos contra a medida cautelar de suspensión da explotación imposta polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia logo de que a autorización outorgada o ano pasado fose impugnada por Ecoloxistas en Acción.

A pesar dos extensos escritos de alegacións da mineira e da Consellaría de Economía e Industria, o órgao xudicial recusou todos e cada un dos argumentos presentados, dando a razón a Ecoloxistas en que a tramitación do proxecto omitiu a preceptiva avaliación dos impactos sobre a Rede Natura 200, a pesar de estar a cero metros da Zona de Especial Conservación de Pena Trevinca.

No auto, dictado a pasada semana, censúrase que a Xunta non correxise este defecto durante a tramitación, a pesar de que en 12 das alegacións presentadas durante o trámite ambiental se alertase sobre o mesmo. Tamén considera o feito de que boa parte dos cauces por volta da mina presentan niveis elevados de arsénico, mercurio, chumbo e cadmio, supoñendo o risco para as poboacións que obteñen o seu subministro destes, incluíndo a propia vila de Viana.

O Tribunal tamén descartou a pretensión de Strategic Minerals de impoñer unha fianza a Ecoloxistas en Acción de máis de tres millóns de euros, lembrando que se a empresa decidiu realizar inversións antes de que a resolución de aprobación do proxecto fose firme, foi baixo o seu propio risco e ventura. Recolle o auto a advertencia de Ecoloxistas de que “atrbuír perdas a terceiros é práctica habitual dos directivos que controlan o accionariado da mercantil, os empresarios venezolanos Miguel de la Campa, Serafino Iacono e Jaime Pérez Branger”, que xa estiveron á fronte da petroleira colombiana Pacific Rubiales Energy e que aparecen nos ‘Papeis de Panamá” do bufete Mossack Fonseca.

Campaña de intimidación

O fallo xudicial chega logo de dous meses intensos nos que a empresa utilizou aos traballadores para tentar presionar o órgano xudicial, mesmo organizando unha manifestación diante do Tribunal na Coruña, e para atacar a Ecoloxistas en Acción mediante pancartas difamatorias e insultos en redes sociais.

En paralelo, a Cámara Oficial Mineira de Galicia, organismo presidido por un empregado de Strategic Minerals, presentou unha denuncia falsa nos Xulgados da Coruña contra media ducia de activistas do colectivo ecoloxista, atribuíndolles o “asalto violento” á súa sede. Precisamente o presidente da Cámara afirmaba o pasado mes de outubro nunha rolda de prensa en Viana do Bolo que o ente mineiro tentaría “corrixir estas motivacións que teñen algúns de prohibir ou de poñer pedras a este tipo de proxectos”.

La entrada O Tribunal Superior de Xustiza da a razón a Ecoloxistas en Acción e mantén a paralización cautelar da mina da Penouta aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires