Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Denuncian a mala xestión dos residuos da limpeza de praias en Miño

Ecoloxistas en Acción de Galiza denuncia a mala xestión do Concello de Miño respecto ao tratamento dos residuos retirados na limpeza de praias.

A organización ecxoloxista galega lembra que hai escasas semanas a prensa facíase eco de que os residuos retirados na limpeza de areais estaban sendo amontonados e abandoados nunha parcela de monte municipal afastada da estrada principal.

Sinalan que esta parcela pretendía ser unha entorna recuperada ambientalmente e desde o 2015 en colaboración de WWF esta inmersa nun proceso de deseucaliptazación e plantación de árbores autóctonas. Grazas a denuncia nos medios de comunicación polo vertedoiro no que se convertera esta parcela municipal, o Concello de Miño procedeu a facer unha limpeza da parcela de xeito apresurado e moi deficientede.

Ecoloxistas en Acción denuncia que o tratamento dado ao lixo procedente das limpezas de praias é moi deficiente e non cumpre coa lexislación referida á eliminación e procesado de residuos. O Concello só retirou o lixo máis voluminoso e para disimular o resto estendeu ao ancho da parcela iinfinidade de pequenos lixos como redes, calzado, plásticos, botellas, …. misturados coa area retirada das praias no proceso de limpeza.

Ecoloxistas en Acción reclama á coorporación de Miño que remedien esta situación e que no futuro teñan un pouco de sensibilidade ambiental para que non se volva a repetir.

La entrada Denuncian a mala xestión dos residuos da limpeza de praias en Miño aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires