Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Instan á Xunta a non facer máis concesións ao lobby da caza

  • Ecoloxista en Acción valora positivamente que se prohíba a caza da rula durante a tempada 2020-21 e agarda que sexa o primer paso para declarar a veda total e definitiva.
  • A organización ecoloxista reclama á Xunta de Galicia que faga público o plan de recuperación da rula e que ademais inclúa esta especie no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Isto implicaría que a caza ilegal da rula estivera penada mediante sancións elevadas.

Insisten desde Ecoloxistas en Acción na necesidade de suspender definitivamente a Media Veda da comarca ourensá da Limia. Lembran que a ZEPA da Limia supón un dos puntos máis importantes para as aves da provincia de Ourense. A actividade cinexética amparada na media veda provoca a alteración dos bandos migratorios postnupciais, contravindo varios tratados internacionais de protección das mesmas. A fin da Rede Natura é a conservación dos valores ambientais europeos e non a conservación dunha actividade lúdica.

A organización ecoloxista alerta de que a rula europea (Streptopelia turtur) vén de sufrir unha continuada e paulatina merma das súas poboacións en Galicia, España e Europa. Esta merma ven producida pola caza indiscriminada, que tivo lugar durante décadas, e a alteración do seu hàbitat natural. Esta alteración do hábitat natural en Galicia vén producida pola política forestal de intensificación da producción forestal en forma de monocultivos de piñeiros ou eucaliptos, pola intensificación agrícola e a sustitución de cultivos de secano por cultivos de regadío, todo isto unido á deforestación derivada das concentracións parcelarias en puntos como a Limia.

Ecoloxistas en Acción apela á responsabilidade das autoridades competentes para implementar un plan urxente de recuperación da rula a medio e longo prazo que mitigue todos os efectos que están a causar a súa extinción.

A organización ecoloxista analiza tamén a siuación legal do paspallás (Coturnix coturnix), unha especie que está tamén en forte regresión en Galicia.  Pregúntase como se van a diferenciar os paspallás de «producción industrial», que supostamente son os que se cazan na Limia, daqueles que non o son sendo, ademais, unha especie que está tamén en forte regresión en Galicia e en España.

«Non se pode permitir unha cota de extracción de até 10 exemplares por cazador e día durante a media veda en cuadrillas de até 16 exemplares», denuncia Alberto Riveiro, voceiro de Ecoloxistas en Acción. «Como se van a diferenciar os paspallás de «produción industrial» que supostamente son os que se cazan na Limia daqueles que non o son?».

La entrada Instan á Xunta a non facer máis concesións ao <em>lobby</em> da caza aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires