Ecologistas en Acción informou ao Comisariado da XV Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo (BEAU) das ilegalidades urbanísticas da cidade deportiva do Celta de Vigo e solicítalle ao xurado que este proxecto sexa descualificado e non opte a dito galardón.
Ecologistas en Acción alertou ao Comisariado da XV Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo que a «cidade deportiva» do Celta foi denunciada por estar proxectada sobre solo rústico de especial protección forestal e pola evidente separación entre o construído e a licencia municipal outorgada na cal se concede aparellar os campos só co imprescindible vestiario e pequeno almacén anexo.
A organización de ecoloxistas informou que ademais das denuncias de Asociacións de Veciños, Traídas de Augas e Comunidades de Montes, o propio Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico emitiu recentemente un informe perceptivo desfavorable ao Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións Deportivas polo cal o Concello de Mos pretendía legalizar vía exprés estas obras unha vez construídas.
Lembran que estas instalacións teñen varias denuncias. A fiscalía de Vigo incou expediente ante as denuncia de ilegalidade destas obras por parte da Asociación Veciñal A Portela. A Comunidade de Montes de Tameiga interpuxo querela por prevaricación pola concesión das licenzas. Ecoloxistas en Acción tamén denunciou estas instalacións ante a Axencia galega pola protección da legalidade urbanística.
«Estes galardóns premian unha arquitectura respectuosa e amable co ambiente e sen embargo a construción da Cidade Deportiva do Celta supón a deforestación de varias hectáreas de bosque dos montes comunais da parroquia de Pereiras en Mos e a destrución ou afección de diversos pozos e mananciais dos que se abastecen de auga unhas 5.600 persoas mancomunadas nas Traídas de Augas afectadas», denuncia Catalina Coya, membro de Ecoloxistas en Acción e secretaria da Asociación vecial A Portela de Tameiga.
A organización ecoloxista resalta que só o feito de que este proxecto sexa seleccionado está a poñer en dúbida tanto o prestixio do galardón como a súa declaración de principios por unha arquitectura sostible e respectuosa coa vida.
La entrada Solicitan a descualificación da <em>cidade deportiva</em> do Celta na XV BEAU aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires