- Ecoloxistas en Acción suscribe as alegacións da Plataforma SOS Panadeira e do Colectivo Ecoloxista do Salnés ao proxecto de “Rexeneración da Praia de Carabuxeira e Lavapanos e obras de acceso” en Sanxenxo.
- A organización ecoloxista considera a actuación proxectada un erro ambiental que vai agravar a orixe do problema das praias que foi a construción do porto deportivo de Sanxenxo.
Coa construción do porto deportivo de Sanxenxo alterouse substancialmente a hidrodinámica natural da zona. Isto supuxo unha afección tan significativa na dinámica de sedimentación costeira onde a praia dos Barcos (Iriña) e a de Panadeira teñen un movemento de sedimentos case nula. Extraer agora area do frente destas dúas praias pode afectar ao seu perfil novamente, creando socavóns que dificilmente o mar podería suavizar.
Esta situación veríase agravada se se executa o proxecto que contempla a construción dun dique perpendicular á praia de 100 metros de longo e 2,24 metros na súa coroación no medio da praia de Carabuxeira, armado de formigón que unirán rochas existentes e que cortará o paso das correntes mariñas entre as devanditas rochas.
Ademais, a proximidade actual dos pantaláns fai sospeitar que o aumento de calado podería ser aproveitado por ditas embarcacións, aumentando así, indirectamente, a lámina de auga empregada polo porto deportivo.
A maiores preténdese construir un “malecón” ou paseo marítimo de máis de 350 metros de lonxitude e de 3 metros de ancho polo paso de servidume, en pleno dominio público marítimo-terrestre, sobre a zona de cantís naturais. Esta obra afondaría na problemática dos areais pois contribuiría a aumentar a presión urbanística sobre o mar incidindo de forma significativa nun maior impacto negativo sobre o ecosistema litoral.
Ecoloxistas en Acción denuncia que existen varios elementos ambientais e sociais que non son tidos en conta no contido do proxecto, como as figuras de protección europeas, as especies ameazas das praias ou os efectos sobre os bancos marisqueiros.
La entrada Areais ameazados en Sanxenxo aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires