Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Denuncian deficiencias nun vertedoiro de residuos perigosos na mina de Touro

Ecoloxistas en Acción denuncia graves deficiencias no mantemento dun vertedoiro de residuos perigosos clausurado con fondos públicos nos terreos da mina de Touro.

Estado actual do límite do vaiado do vertedorio
de residuos perigosos clausurado en Touro.

A organización ecoloxista sinala que unha das actividades que  se levaron a cabo nestes últimos anos polo grupo Explotaciones Gallegas nos terreos da mina de Touro foi a creación dun vertedeoiro de residuos perigosos que tivo que ser clausurado no ano 2011.

Publicándose no DOGA a adxudicación das obras de adecuación, clausura e selado da escombreira de residuos urbanos de Touro por un importe de 330.000 euros cofinanciados polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional nun 31,50 %, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, Eixo 3 (Medio ambiente, entorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos), Tema prioritario 44 (Gestión de los residuos domésticos e industriales) sendo a empresa adxuditactaria do proxecto Francisco Gómez y Cía, S.L. do grupo Explotaciones Gallegas SL.

Ecoloxistas en Acción resalta que este vertedoiro figura entre as 73 instalacións con residuos mineros perigosos de España, catalogadas polo Ministerio “almacenes mineros abandonados en España que tienen un impacto medioambiental grave o que pueden convertirse a medio o corto plazo en una amenaza grave para la salud de las personas o para el medio ambiente”.

A pesar da perigosidade dos residuos almacenado o cerramento e aillamento de dito vertedoiro se esta a pór en risco polas empresas do mesmo grupo que obtivo financiación para mantelo aillado e en condicións de protección axeitada. O deficiente ou nulo mantemento pode propiciar que calquera dos residuos perigosos nel soterrados cause maioires danos na zona.

Sinalan que estes residuos residuos se compoñen de cinzas, lodos de depuradoras, residuos de minería,  industriais ous de construcción, que co simple mezclado, mínimo triturado e fermento son depositados nos terreos da mina de Touro.

Ecoloxistas en Acción denuncia que se depositan sen gardar ningunha das recomendacións sinaladas para este tipo de residuos.  Se supera o grosor de 20 cm dacapa de tecnosoles e as cortas estan sendo recrecidas co vertido e amoreamento diario destes residos recibidos a través doutra das empresas do grupo de Explotaciones Gallegas.

 

La entrada Denuncian deficiencias nun vertedoiro de residuos perigosos na mina de Touro aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires