Ecoloxistas en Acción denuncia unha nova desfeita urbanística e ambiental en Cabo Estai coa construción de seis chalés de luxo e un vieiro en solo rústico de especial protección.
Urbanización de seis chalés de luxo en Cabo Estai
Ecoloxistas en Acción súmase ás denuncias da asociación veciñal de San Miguel de Oia ante a construción en Cabo Estai de seis chalés de luxo e un vieiro en solo rústico de especial protección, xusto enriba da costa, ocupando terreos dentro do deslinde marítimo terrestre e usurpando fincas á veciñanza da parroquia.
A organización ecoloxista subliña que os terreos afectados por esta urbanización presuntamente ilegal figuran como protexidos tanto no PXOM de Vigo pola súa condición de rústico, como pola lei de costas. Denuncian que a construción non respecta o mínimo de 20 metros de distancia coa costa que marca o deslinde do dominio público marítimo terrestre. Ademais sinalan que mesmo ao final do vieiro, a promotora da urbanización construiu sobre o propio rochedo da praia unhas escaleiras en formigón que chegan ata o borde do mar.
A veciñanza da zona solicitou a suspensión cautelar das obras ata que se clarificase a súa situación legal. Mais o concello de Vigo desantendeu esta petición a pesar de que como aseguran os terreos sobre os que se construúe o vieiro foron usurpados a diversas familias propietarias.
Ecoloxistas en Acción denuncia que estas obras, unidas as da promoción doutros 6 chalés que está a construir o grupo Viqueira ao seu carón cambiarán por completo o perfil da contorna, xusto na parte do litoral vigués que ainda conservaba algo do seu estado natural. Lembran que o litoral vigués desde Oia e Saiáns posúe un importante valor mediomabiental. Conserváse en relativo bo estado e é un dos sinais de identidade da paisaxe natural de Vigo. Ademais de pola súa flora e fauna, ten interese para a pesca artesanal e a observación ornitolóxica.
Sen embargo, sinalan, en troques de ser protexida, está a soportar unha forte presión urbanística que lembra a épocas pasadas onde a lei era distinta para as familias adineradas que para o cidadan de a pé. Coa construcción da urbanización denunciada semella que en Cabo Estai segue vixente o urbanismo exclusivo para ricos.
Ecoloxistas en Acción insta ás administracións para que non permitan este tipo de proxectos que califican como auténticos pelotazos urbanísticos, que antepoñen o lucro privado, cada chalet calcúlase nun valor medio de 2 millóns de euros, á preservación dos valores naturais do noso litoral. Tamén fan un chamamento á ciudadanía de Vigo para parar esta barbaridade e preservar este espazo natural para as vindeiras xeracións.
La entrada Máis desfeita urbanística e ambiental en Cabo Estai aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires