Ecoloxistas en Acción de Vigo únese ás reivindicacións da Plataforma de Afectados polo Vial de Beade (AVIBE), en Vigo, que denuncian o proxecto de construcción dun vieiro de alta capacidade previsto no PXOM entre a A55 e a Avenida Clara Campoamor, atravesando esta parroquia do rural vigués. As obras deste vial terían un forte impacto sobre o medio natural de Beade, coa construcción de viaductos, túneles e noiros que suporían afeccións sobre os ríos Eifonso, Barxa e a conca do Lagares e conlevaría a destrucción de leiras e bosques.
Tal como nos mostra no video realizado pola organización ecoloxistas, Ana Pascual, presidenta de AVIBE, explicanos comoo vieiro levaríase por diante elementos de elevado valor patrimonial como unha mina de auga de mais de 200 anos de antigüedade que ainda segue en funcionamento para regar as leiras e varios muíños. Afectaría ás fervenzas do Gorgoso, unha zona cunha gran biodiversidade onde hai rexistradas poboacións de especies protexidas e vulnerables, como londras (lontra lontra), píntegas (salamandra salamandra) e aves rapaces (como o niño dunha das dez parellas de aguia ratoeira, buteo buteo, que fican en Vigo).
Ademais tería un impacto ambiental severo sobre un bosque autóctono de ribeira, destruíndo un entorno paixasístico dun alto valor ecolóxico. Aseguran que unha obra de estas características afectaría á calidade de vida da veciñanza, que ten dereito a desfrutar de entornos tranquilos, saudables e agradables.
A Asociación de veciños de Beade, a Comunidade de Montes e a Irmandade de Festas de Santa Ana tamén apoian as reivindicacións deste colectivo de veciñas, xa que esta obra fendería en dous a parroquia, separando familias. Vigo ten no seu medio rural un auténtico pulmón verde que cómpre preservar.
Unha infraestructura destas dimensions tería graves consecuencias sobre o noso medio ambiente, cun aumento do tráfico rodado e da contaminación, tanto acústica como atmosférica, co danamento do noso patrimonio natural e paixasístico nunha zona de gran biodiversidade e polo tanto repercutiría negativamente na calidade de vida de toda a cidadanía viguesa.
Ecoloxistas en Acción de Vigo fai un chamamento para apoiar ás xustas demandas da veciñanza de Beade. Non ao Vial de Beade!
La entrada Rexeitan o innecesario vieiro de alta capacidade a través de Beade aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires