- Ecoloxistas en Acción alertou á Consellería de Medio Ambiente da colocación de cravos e pinchos contra as aves nas cornisas da Catedral Basílica de Ourense – Catedral de San Martiño para impedir que aniñen.
- Denuncian que estos cravos provocan a morte indiscriminada de diferentes aves, mesmo de especies protexidas, cravadas nos pinchos, sufrindo unha morte lenta e cruel.
Na Catedral de San Martiño en Ourense pódese observar un entramado de cravos ou pinchos cubrindo prácticamente a totalidade das cornisas e dinteis do edificio. Varios veciños da catedral alertaron a Ecoloxistas en Acción do falecemento de varios cirrios ou anduriñas de cú branco atrapadas nestos cravos.
Na catedral soen aniñar cirios e anduriñas, pero tamén se pousan nestas perigosas cornisas parellas de gralla cerexeira (Coloeus monedula) ou especies como a lavandeira branca ou a cegoña branca. Sinalan que moitas destas aves son especies protexidas.
Ante esta grave situación, o grupo ourensá de Ecoloxistas en Acción instou á consellería a que ordenen a retirada dos cravos e pinchos antiaves. Ademais ven necesaria a paralización da actividade perturbadora do aniñamento dos cirrios, xa que durante os meses de abril e maio teñen lugar a construción do niño, as postas e a incubación.
La entrada Denuncian a colocación de clavos na Catedral de San Martiño en Ourense aparece primero en Ecologistas en Acción.

0 Commentaires