O 11 de marzo é o aniversario do accidente nuclear de Fukushima. Na actualidade unha ampla zona segue sen poder habitarse, a radiación continúa producindo mutacións e matando os organismos vivos, as verteduras non se detiveron e a acumulación de residuos radioactivos letais desborda todas as previsións iniciais. A herdanza perdudará miles de anos.

O desastre nuclear de Fukushima en 2011 demostrou que a enerxía nuclear é demasiado perigosa, demasiado sucia e demasiado cara para que se continúe usando. Toda unha rexión de Xapón, fogar de miles de persoas agora está contaminada de radioactividade e é inhabitable, probablemente para sempre. Non podemos permitir que estes desastres volvan ocorrer. Con todo, os oligopolios da electricidade seguen promovendo e utilizando a enerxía nuclear. Valoran máis os seus beneficios que o medio ambiente ou a seguridade das persoas. Así, cada 11 de marzo, miles de persoas en todo o mundo únense para mostrar que non necesitamos a enerxía nuclear para vivir.

Como protesta e para lembrar ás vítimas de Fukushima o movemento ecoloxista pide boicotear á enerxía nuclear realizando diversas accións persoais: desde reducir o consumo un día ata producir a súa propia enerxía.

Ao aforro, que debe ser a base do noso quefacer cotián, debemos sumar fontes de enerxía non perigosas e renovables, iso pode lograrse cambiando a outras comercializadoras que non nos enganen e xeren electricidade con fontes renovables 100 %. Así non só deixamos de financiar ás grandes eléctricas senón que declaramos a nosa independencia de tecnoloxías de xeración sucia, centralizada, e insostible.

É hora de actuar:

Paso 1: Reducir o teu consumo durante un día.

Paso 2: Reducir o teu consumo de forma permanente.

Paso 3: Cambia a unha comercializadora 100 % renovable.

Paso 4: Producir a túa propia enerxía.

La entrada Lembra Fukushima: desenchufa a enerxía nuclear aparece primero en Ecologistas en Acción.