- Ecoloxistas en Acción arrinca a campaña «De maior quero respirar aire limpo», que busca concienciar ao alumnado, profesorado e familias sobre a calidade do aire e a pacificación do tráfico nas contornas escolares.
- As actividades desenvolveranse durante os próximos meses en centros de educación secundaria de Madrid, Murcia e Vigo.
Inspirar, expirar, inspirar, expirar… Respiramos 20.000 veces ao día, e non podemos evitar facelo. Tampouco podemos elixir o aire que respiramos, témonos que conformar co que temos ao noso redor.
No noso país prodúcense 30.000 mortes prematuras anuais debido á contaminación atmosférica, 21 veces mais que as mortes ocasionadas polos accidentes de tráfico na autoestrada (1.145 mortos en 2022 según a DGT). Tamén hai evidencias científicas que conectan a contaminación e o aumento de enfermidades cardiovasculares e respiratorias, entre outras. Estes efectos son especialmente prexudiciais na infancia e adolescencia, pois a relación entre o seu peso corporal e o volumen do aire respirado é maior.
Neste contexto, Ecoloxistas en Acción lanza unha nova edición da campaña «De maior quero respirar aire limpo», coa que pretende informar e sensibilizar sobre a contaminación e as súas consecuencias para a saúde e o medioambiente, especialmente nas contornas educativas. Durante os próximos catro meses, realizaranse obradoiros en diferentes centros educativos de Madrid, Murcia e Vigo, dirixidos ao alumnado de secundaria.
As actividades centraránse en concienciar ao alumnado das consecuencias negativas da contaminación non só para a saúde, en especial á da xuventude, senon tamén na súa contribución ao cámbio climático e á perda de biodiversidade. Como peche dos obradoiros, recolleranse as propostas do alumnado para mellorar a calidade do aire da cidade, acadar que as contornas escolares sexan seguras e para aumentar a autonomía do alumnado. Ditas propostas presentaránse nos respectivos concellos.
Esta campaña de sensibilización e incidencia política comeza trala realización de un seguimento por parte de Ecoloxistas en Acción da contaminación en sete cidades (Barcelona, Madrid, Murcia, Granada, Melilla, Xixón e Vigo). Mediante medicións de indicadores de contaminación nos arredores dos centros educativos, a organización ecoloxista comprobou que numerosos puntos de ditas cidades españolas sobrepasaban os niveis recomendados pola Organización Mundial da Saúde. Isto pon en perigo a saúde dos seus habitantes, e especialmente á da poboación máis vulnerábel, entre os que se atopan as nenas e nenos en idade escolar.
A campaña coincide co proceso de revisión da Directiva Europea de Calidade do Aire
En setembro de 2021, a Organización Mundial da Saúde revisou os índices do que considérase saudábel, en materia de contaminación atmosférica, reducindo de xeito moi notábel os valores límite. Se ben o noso país está, máis ou menos, cumprindo actualmente cos valores límite indicados na lexislación actual, as nosas cidades atópanse moi lonxe de cumprir cos novos valores de referencia.
Este proxecto educativo enmárcase dentro da campaña europea Clean Cities, da que Ecoloxistas en Acción forma parte. As accións a realizar coordinaranse tamén co día de acción europeo Streets for Kids, ou Rúas Abertas para á Infancia, que terá lugar o venres 5 de maio de 2023.
Milena Radovich, coordinadora da campaña en Madrid, declarou: “O modelo de cidade da maioría de cidades españolas está deseñado por e para o coche, favorecendo e reproducindo a contaminación urbana como un problema estrutural. O tráfico rodado representa o 80% das emisións de contaminación urbana, das cales o coche é o principal responsábel”.
Carmen Torralba, coordinadora da campaña de Murcia, engadiu: “Os malos deseños das nosas cidades tamén ocasionan altos niveis de contaminación acústica e inseguridade nas rúas. Cando o coche é o principal protagonista oa peatóns quedan relegados a un segundo plano, facendo que a infancia non poida desfrutar libremente do espazo público que supón a rúa”.
Ana Díaz Freiría, coordinadora da campaña de Vigo, concluíu: “Non nos damos de conta do espazo público e a tranquilidade que nos quita o tráfico, cando unha rúa peatonalizase, pacifícase”.
Referencias:
Guía para el desarrollo de proyectos ambientales en centros escolares. Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.
La entrada ¿Que respiran os centros escolares? aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires