Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Presentan un manual para unha xestión axeitada do arboredo urbano

  • Ecoloxistas en Acción presenta un manual para unha xestión do arboredo urbano respectuosa coa natureza e que potencie os servizos ecosistémicos que prestan as árbores nas rúas das cidades galegas.
  • A organización ecoloxista realiza unha campaña de concienciación ás administracións enviando este manual aos concellos, universidades e outras administracións que son competentes na xestión de parques e xardíns urbanos.

As árbores urbanas constitúen ese espazo de conexión co natural na cidade, tendo una grande influencia na saúde mental das persoas, mellorando o seu benestar e a súa calidade de vida. Está demostrado que estes e outros beneficios só se producen se o arborado da cidade é de calidade, se as árbores están sans, se maduran con grandes copas e se dispoñen dun sistema radicular forte e equilibrado.

A mala xestión das zonas verdes en moitas das nosas vilas e cidades non permite que haxa arborado de calidade, provocando unha perda importante dos beneficios que nos aportan as árbores, ás veces de xeito irrecuperable. Isto ocorre, entre outras razóns, porque eses modelos de xestión están baseados en conceptos anticuados e pseudocientíficos, xerando danos irreversibles e arruinando o patrimonio natural urbano, incrementando o custo de mantemento e aumentando as incidencias.

Ecoloxistas en Acción cre que chegou o momento de que todos os axentes implicados na xestión do arborado das nosas cidades e vilas, tomen conciencia dunha vez por todas, da dependencia insondable que temos da natureza e, como proclamaba E. Wilson, da necesidade primaria de todo ser humano de estar en contacto con ela.

Coa redacción e difusión deste manual para a xestión do arboredo urbano, a organización ecoloxista pretenderevisar os conceptos, actualizar os obxectivos e unificar os criterios de actuación, sempre baixo a óptica da xardinería moderna. Avanzar na elaboración dun modelo de xestión único do arboredo para todas as vilas e cidades galegas, así como para todas aquelas institucións que teñan baixo a súa responsabilidade a xestión de campus, parques ou xardíns dentro da área metropolitana.

Sinalan que unha cidade cunha Infraestructura Verde ben planificada e xestionada vólvese máis resiliente e sostible. Ao longo da súa vida, as árbores proporcionan un conxunto de beneficios moito máis valiosos que a inversión en plantación e coidado.

As árbores melloran a calidade do ar. Unha árbore grande pode absorber ata 150 kg de CO2 ao ano, polo tanto, nas cidades, onde a contaminación sempre é un factor progresivo, a súa presenza máis que necesaria faise imprescindible.

As árbores grandes son excelentes filtros para contaminantes urbanos. Eliminan gases como monóxido de carbono, óxidos de nitróxeno, ozono e óxidos de xofre. Tamén filtran sucidade, fume do ar e partículas finas de po, atrapándoas sobre as follas e a cortiza.

As árbores son a base do aumento da biodiversidade urbana, proporcionando ás plantas e animais alimento e protección, en definitiva, son creadoras de hábitats.

A situación estratéxica das árbores nas cidades pode axudar a arrefriar o ar entre 2 e 8 grados Celsius, reducindo así o efecto de «illa de calor», unha acumulación de calor debida á inmensa mole de formigón e asfalto no que convertemos ás nosas cidades.

As árbores ben desenvolvidas, de maneira natural, regulan o fluxo da auga e desempeñan un papel clave na prevención de inundacións e na redución de riscos de desastres naturais. Unha perennifolia adulta, por exemplo, pode absorber máide 15.000 litros de auga ao ano, podendo substituír ás instalacións de drenaxes no subsolo urbano.

O emprazamento correcto das árbores arredor dos edificios pode reducir a necesidade de aire acondicionado nun 30 por cento e reducir as facturas de calefacción en inverno entre un 20 e un 50 por cento.

Ademais, Ecoloxistas en Acción destaca que as investigacións demostran que vivir cerca de espazos verdes urbanos e ter acceso a eles melloran a saúde física e mental, contribuíndo ao benestar dos seres humanos en todos os seus ciclos vitais de desenvolvemento: infancia, madurez e senescencia.

 

La entrada Presentan un manual para unha xestión axeitada do arboredo urbano aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires