Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Denuncian a falta de carris bici na cidade da Coruña

  • Ecoloxistas en Acción denuncia que moitas das principales rúas da cidade aínda non contan con carriles bici adicados.
  • A organización ecoloxista sinala que esta situación favorece o aumento da desigualdade entre as diferentes clases sociais da cidade.

Do 16 ao 22 de setembro celébrase a semana europea da mobilidade. Un evento que busca sensibilizar sobre os beneficios para a saúde e o medio ambiente que supón o uso de transportes sostibles como son os transportes públicos, a bicicleta ou camiñar.

Ecoloxistas en Acción A Coruña lamenta a escasa infrastructura dispoñible para moverse coa bicicleta da que dispón a cidade da Coruña. Apoian a implantación de mais estacións de bicicletas públicas, que segundo o concello fixo que aumentansen os usuarios no último ano, mais lamenta que isto se vexa empañado na maior parte dos casos pola ausencia dunha infrastructura que comunique ditas estacións entre elas.

Sinalan que moitas das grandes arterias da cidade, como Alfonso Molina, Ronda de Outeiro, Avenida de Arteixo ou a Avenida de Oza, que deberían ser o eixo principal de comunicación coa bici, ou ben non contan cun carril bici dedicado, ou soamente con algúns tramos que súbitamente se cortan e deixan aos ciclistas desprotexidos.

«Se unha persoa non pode facer o percorrido completo en bici, por medo a ser embestida por un coche nos tramos sen un carril adicado, simplemente non vai usala» sinala Eloy Pérez, voceiro do grupo de A Coruña de Ecoloxistas en Acción.

Ademais, consideran que dar prioridade ó coche sobre o transporte sostible manifesta a vontade de facer unha cidade soamente adaptada ás necesidades das clases altas da sociedade, que poden facer fronte sen dificultade ao aumento dos prezos dos vehículos e combustible que se está vendo nos últimos tempos. A organización considera que estes custos seguirán aumentando no futuro debido as cada vez maiores dificultades para a extracción de petróleo e o enorme custo dos coches eléctricos, poñendo nunha situación mais precaria á maior parte da cidadanía de seguirmos apostando polo transporte privado.

O grupo tamén lamenta que o concello tome medidas como a ampliación da Avenida Alfonso Molina, que ven como un paso cara atrás na reducción da dependencia dos combustibles fósiles. A reducción do tráfico, defenden, ten que pasar polo aumento da capacidade do transporte público, que permite a mobilidade dun maior número de persoas dun xeito mais sostible, e permite que as persoas non se vexan na obligación de adquirir un vehículo privado para satisfacer as súas necesidades de mobilidade diarias na área metropolitana.

Ecoloxistas en Acción defende que o obxetivo debe ser converter a bicicleta no medio de transporte principal dos veciños e veciñas da cidade, tomando como referencia a cidades como Amsterdam ou París. Un modelo no que a bicicleta prime sobre o coche proporciona varios beneficios á cidadanía, facilitaría o desprazamento, evitando atascos innecesarios, incrementaría a saúde da poboación, tanto polo fomento de exercicio físico como pola diminución de ruidos e gases nocivos, e disminuiria os grandes gastos asociados ao mantemento dun coche privado e o seu combustible, do que o precio non fixo mais que crecer nos últimos anos.

 

La entrada Denuncian a falta de carris bici na cidade da Coruña aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires