- A voceira de Ecoloxistas en Acción vén de declarar no xulgado de Arzúa como parte das dilixencias por presuntos delitos contra o ambiente cometidos pola mina de Touro.
- Ecoloxistas en Acción persoarase como acusación popular na causa e esixirá medidas cautelares para parar as verteduras tóxicas da mina.
A finais do ano pasado Ecoloxistas en Acción presentou unha denuncia polas verteduras continuadas da mina de Touro no cuartel da Garda Civil de Arca. Logo das primeiras actuacións policiais, os feitos foron trasladados ao xuzgado de instrucción de Arzúa, que considerou que existían indicios suficientes para abrir dilixencias penais por un presunto delito contra os recursos naturais e o ambiente.
A voceira de Ecoloxistas en Acción, Isabel García, vén de ser chamada a declarar na instrucción da causa para achegar datos adicionais sobre os feitos, logo do seguimento continuado que a organización ven realizando das reiteradas verteduras que desde o complexo mineiro e residual se realizan ao río Pucheiras e outros cauces, sen que as administracións adopten medidas para impedilas e sancionar á empresa infractora.
O Xulgado instruiu á policía xudicial para a realización de análises e encomendou diversos informes ás administracións implicadas. “Confiamos que as dilixencias evidencian a gravidade da contaminación que provoca a mina e esta teña que rendir contas ante a xustiza”, subliña Isabel García, que tamén confirma que Ecoloxistas en Acción xa tramitou a súa personación como acusación popular ambiental para asegurar de que esta situación non continúe ante o desleixo da Xunta de Galicia por atallar o problema.
“Durante case catro décadas de denuncias, atopámonos con que a situación de contaminación e vertidos continúa a pesar de que a mina pechou en 1988. Os ríos Pucheiras, Portapego, Felisa, Ameneiro e Lamas que se verten aos ríos Lañas e Brandelos seguen sen vida, ocasionando danos á calidade das augas destes afluentes directos do Ulla, xa na rede Natura 2000”, denuncia a voceira de Ecoloxistas en Acción, o que, segundo ela, evidencia que non se está cumprindo o principio de “quen contamina paga”.
A organización ecoloxista asegura que non hai dúbida de que é a actividade do complexo mineiro a causante deste grave impacto ambiental e lebran que así quedou recollido na revisión do Plan hidrolóxico Galicia-Costa 2021-2027. Por iso, sinalan como presuntos responsables penais dos feitos aos actuais propietarios dos terrenos e da concesión, que son perfectamente coñecedores de que tiñan a obriga de restauración e do cese da contaminación ás augas. Tamén acusan a Xunta de Galicia de poñerse do lado do agresor ambiental e protexer os intereses do infractor, en vez dos da poboación afectada.
Ademais, Ecoloxistas en Acción considera que Augas de Galicia ten que paralizar a autorización de verteduras encuberta outorgada á empresa Explotaciones Gallegas que lle permite achicar augas tóxicas da balsa de lodos mineiros do Vieiro ao río Pucheiras, extremo sobre o que a Administración ten aberta outro expediente. A organización ecoloxista xa solicitou a Augas de Galicia que se paralice o trámite do expediente de autorización mentres non conclúa o procedemento penal, pero afirman que non obtiveron resposta deste oorganismo.
Ecoloxistas en Acción alerta que a autorización destes vertidos implica legalizar unha vertedura de máis dun millóns catrocentos mil litros de augas tóxicas por ano ao rego Pucheiras, no sistema fluvial do Ulla-Deza. Un rego que xa está desprovisto de fauna e flora actualmente ao seu paso polos terreos da mina pechada. Lembran que o Pucheiras é tributario do río Brandelos, o cal desemboca no río Ulla onde xa forma parte da Rede Natura 2000, apenas 4 kilómetros augas abaixo, e que inclúe a desembocadura do mesmo na ría Arousa.
La entrada O Xulgado de Arzúa abre dilixencias penais contra a mina de Touro por posibles delitos contra o ambiente aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires