- Ecoloxistas en Acción e a plataforma Boicot, Desinversión e Sanciones (BDS) despliegan unha gran pancarta na fachada de Vialia para denunciar que hai empresas, como Mcdonald’s, Starbucks ou Burger King, que fan negocio con Israel a costa do pobo palestino.
- Co lema “Palestina somos todos” instan ao Concello de Vigo que tome partido a prol de Palestina e abandone a súa actual equidistancia cómplice.
- A acción e posterior manifestación polas rúas de Vigo está enmarcada nunha mobilización estatal convocada pola Rede Solidaria contra a Ocupación de Palestina (RESCOP) en cerca de 100 cidades do Estado español para esixir ao Goberno e aos partidos que adopten medidas inmediatas na defensa e protección dos dereitos humanos en Palestina.
Nunha acción coordinada entre Ecoloxistas en Acción Rías Baixas e BDS Vigo se despregou unha pancarta en solidariedade co pobo palestino na faciana principal do centro comercial Vialia. Unha acción enmardacada na mobilización estatal convocada pola Rede Solidaria contra a Ocupación de Palestina (RESCOP) en cerca de 100 cidades do Estado español. Unha mobilización convocada para esixir ao Goberno, e aos partidos que o sustentan, que adopten medidas inmediatas na defensa e protección dos dereitos humanos en Palestina, se non queren facerse cómplices necesarios deste xenocidio. Porén, os países europeos lonxe de apoiar unha saída pacífica e a liberación do pobo palestino, están poñéndose do lado do Estado opresor, que perpetúa a ocupación.
“Palestina somos todos” é o lema principal que figuraba ba pancarta desplegada e co que as organizacións asinantes queren demandar ao estado español que esixa a fin da ocupación e a represión que leva producíndose décadas en Palestina e reclamar a Israel que respecte os dereitos da poboación palestina. Asimesmo, denuncian a inacción do Concello de Vigo, que a diferenza de conflitos recentes como a guerra de Ucraína, agocha a cabeza e négase a tomar partido polos dereitos democráticos do pobo palestino. Como exemplo desta equidistancia cómplice lembremos o voto en contra do PSOE-PSdG a unha moción que condeaba o xenocidio cometido polo sionismo en Gaza, asi como a negativa a exhibir a bandeira palestina no balcón municipal, como si fixo en troques o Concello de Lugo.
“Con esta mobilización, tamén queremos sinalar ás compañías internacionais, como Mcdonald’s, Starbucks ou Burger King presentes en Vialia, que apoian e encobren as violacións israelí do dereito internacional, principalmente ao operar nas colonias ocupadas ilegalmente e ao facer contratos co Goberno israelí e o seu exército, lucrándose do sistema de apartheid e de colonialismo”, subliñan desde BDS Vigo nun chamado á cidadanía para que se sume a campaña de Boicot, Desinversión e Sanciones (BDS) a Israel. Unha ferramenta cidadana para presionar a gobernos e empresas que participan na opresión del pueblo palestino.
La entrada Reclaman a implicación da cidadanía no boicot ao aparheid israelí aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires