- Ecoloxistas en Acción denuncia que o Concello de O Pino (A Coruña) a pesares de ter sido sancionado continúa a verter augas de refugallo sen tratar ao regato do Burgo.
- A organización ecoloxista insto a Augas de Galicia a adoptar as medidas necesarias para que o Concello de O Pino remedie esta situación sen máis demora. Tamén solicitou que se indague o alcance da contaminación destas verteduras, xa que o regato contaminado é tributo da cunca do río Ulla.
O Concello do Pino foi sancianado no ano 2020 por verteduras de augas de refugallo sen depurar ao dominio hidraúlico público cunha multa que ascendía a 5.000 €. As verteduras proceden do propia rede de saneamento municipal que rematan vertendo mediante canalización directamente ao rego do Burgo. A canalización que verte a dito regato procede dunhas instalación municipais que aparentemente únicamente fragmentan o caudal sólido dos refugallos.
En marzo deste ano veciños do Pino xunto con membros de Ecoloxistas en Acción visitaron en reiterdas ocasións os lugares onde se producen as verteduras sancionadas o ano pasado. Mediante inspección ocular púdose comprobar que as verteduras se seguén producendo sistemáticamente e que o Concello do Pino non fixo absolutamente nada para remediar esta contaminación do dominio hidraúlico público.
Os puntos inspeccionados están ubicados na avenida da Casilla s/n, Pedrouzo (O Pino) (Coordenadas: 42°54’02.1″N 8°22’15.1″W) e preto da rúa do Picón.
Estas verteduras de augas residuais provoca efectos moi negativos sobre o medio ambiente e a saúde humana, provocando cambios substanciais nas características da auga e, polo tanto, na súa función ecolóxica e nos seus usos. Esta contaminación afecta directamente á parte máis superficial e máis próxima da costa, a máis empregada para actividades humanas.
As augas residuais sen tratar reducen a cantidade de osíxeno e afectan á proporción de nutrintes, provocando un crecemento excesivo de algas e outras prantas, o que afecta negativamente á fauna e flora do ecosistema acuático no que se verten. Como resultado, prodúcese un impacto moi negativo sobre o valioso ecosistema fluvial.
Ademais, existe o perigo de propagación de substancias tóxicas e/ou patóxenos contidos nestas augas, procedentes principalmente do tractos intestinais, que poden provocar a transmisión de enfermidades. Non debemos esquecer que este regato é tributo da cunca do río Ulla e que a auga segue un ciclo, polo que os contaminantes que se verten neste regato, ademais de pasar a formar parte das cadeas tróficas, poden volver aos cursos da auga doce dos que se abastece a poboación.
“A depuración de augas de refugalllo non pode seguir sendo asignatura pendente de Galicia” – declara Cristóbal López, voceiro de Ecoloxistas en Acción – “A Xunta de Galicia non pode permitir que continúen estes focos de contaminación ao dominio hidraúlico público”.
La entrada Denuncian que continúan as verteduras de augas de refugallo sen depurar no Concello de O Pino aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires