Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Ecoloxistas en Acción se reune co Concello de O Corgo para frear o proxecto de megagranxa avícola.

  • Representantes de Ecoloxistas en Acción Lugo reunironse con varias forzas políticas do Concello do Corgo para compartir a preucupación polo proxecto de macrogranxa avicola de ate 79.000 polos que queren implantar en terreos deste concello.

    Reunión co alcalde do Concello de O Corgo

Ecoloxistas en Acción entrevistouse cas forzas políticas do Concello de Corgo que comparten a preocupación polas graves afeccións ambientais da macro industria cárnica e solicitoulles que adopten todas as medidas posibles para impedir que a macrogranxa avícola se instale no seu concello.

A organización ecoloxista sinala que España convertiuse no refuxio das macro granxas ante unha industria que fuxe da esixente regulación ambiental da maioría do paises europeos e busca lexislacións laxas como a española e gobernos permisivos como o galego para evitar asumir os costes ambientais que causan as súas explotacións cárnicas.

Denuncian que non hai comarca que tendo implantadas macrogranxas tanto avíar como de porcino ou vacún que non teña graves afeccións ambientais de contaminación por nitratos das súas augas. Está comprobado que a macro industria cárnica está lonxe de xestionar axeitadamente os residuos que xeneran as súas explotacións. As propias parcelas onde pretenden intalar o macro proxecto teñen unha faciana lacustre propia dun humedal ao estar atravesada por varios regatos alén do río Maceda. Esta situación agravaría o proceso de transferencia dos nitratos ás escorrentías e mananciais da zona.

Alertan que ao risco de envelenamento de acuíferos debido aos verteduras de xurros ademáis hai que engadirlle a forte pestilencia que provocan as granxas de aves que sóe afectar nun amplo radio ao redor das instalacións.

«Na documentación do proxecto non se observa ningunha medida especial para evitar a contaminación. Non queremos que aquí suceda o que está pasando na Limia e contaminen as augas» –declara Nery Díaz, voceira de Ecoloxistas en Acción Lugo– «Pedímoslle aos partidos e a veciñanza de o Corgo que rexeiten o desastre ambiental que se llen ven enriba de implantarse esta xigantesca macrogranxa».

La entrada Ecoloxistas en Acción se reune co Concello de O Corgo para frear o proxecto de megagranxa avícola. aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires