- Ecoloxistas en Acción solicita a denegación da autorización dos parques eólicos en Val do Folgoso e en Monte dos Porcallos (Lalín) ante o grave impacto sobre especies endémicas ameazadas que acarrearían estos proxectos.
- A organización ecoloxistas presentou alegacións a ambos proxectos ante o Ministerio de Política Territorial e denuncia a grave afectación sobre os hábitats acuáticos que estos parques eólicos terían de levarse a cabo.
Os hábitats acuáticos situados no centro xeográfico de Galicia constitúen na actualidade un oasis de biodiversidade fronte ao imparable avance do eucalipto. Ecoloxistas en Acción fai un chamamento para a súa conservación e preservar así as especies que o habitan, como a píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica).
Sinalan que este anfibio endémico e ameazado conta en Galicia coa maior parte da súa área de distribución mundial. Esta especie vese acompañada nos regatos da zona polo furapresas ou “desmán ibérico” (Galemys pyrenaicus), especie de toupa acuática endémica da metade Norte da Península Ibérica, en grave retroceso en área de distribución e efectivos no país. Esta espécie é única no seu xénero e conta únicamente cun parente vivo en Rusia.
Ademais alertan da grave afectación sobre diversos hábitats de interese comunitario e, polo tanto protexidos pola lexislación europea, como as turbeiras, os queirugais, as matogueiras húmidas, as fragas atlánticas ou os bosques de galería.
Ecoloxistas en Acción sinala ao Goberno Galego como principal responsable da deficitaria conservación e protección dos hábitats prioritarios en Galicia. Resaltan que hai unha evidente falta de compromiso da Xunta de Galicia para frear a vaga de proxectos industriais, tanto enerxéticos como mineiros, en zonas de alto valor ecolóxico. Esta falta de compromiso coa conservación da natureza está a ter como resultado unha merma considerable dos efectivos das especies incluidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas debido á destrucción do seu hábitat natural. Tamén denuncian que a maior parte das especies incluidas neste catálogo carecen de plans de recuperación, como é o caso da tartaraña cincenta (Circus pygargus) ou a gatafornela (Circus cyaneus) , feito de afonda máis o seu precario estado de conservación.
“As autoridades a apostar por unha transición enerxética verdadeiramente ecolóxica e xusta que prime o autoconsumo enerxético e un decrecemento do consumo.” -declara Alberto Riveiro, voceiro de Ecoloxistas en Acción- “Galicia necesita unha planificación enerxética que achegue os centros de producción ás zonas de maior consumo enerxético. Zonas que non están precisamente no cumio das serras nin nos hábitats prioritarios.”
La entrada O parque eólico de Lalín pon en perigo especies endémicas ameazadas aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires