Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Solicitan que á Xunta protexa a Serra do Suído das continuas agresións

  • Ecoloxistas en Acción presentou alegacións aos proxectos eólicos P.E. Coto Redondo proxectado entre Covelo e Fornelos de Montes e P.E. Puza entre Avión e A Lama, ambos na Serra do Suído. A organización ecoloxista rexeita  calquera proxecto industrial que degrade máis esta zona de tan alto valor ecolóxico e cultural.
  • A organización ecoloxistas insta á Xunta a estender a Rede Natura 2000 para que abranga toda a Serra do Suído. Ecoloxistas en Acción lembra que estos parques eólicos non son dous proxectos eólicos, o ano pasado a organización ecoloxistas xa se opuso ao proxecto mineiro Alberta I e ao P.E. Coto das Airas tamén proxectados na Serra do Suído.

Fervenza de Casariego

Ecoloxistas en Acción, nas súas alegacións, insta á Xunta a rexeitar ambos proxectos eólicos por se inasumibles ambientalmente e por ter un impacto severo sobre o patrimonio arqueolóxico e paisaxístico.

Alertan que a implantación do parque eólico terá un impacto moi severo que pode ter o proxecto sobre o patrimonio cultural e arqueolóxico da serra do Suído ao situarse no entrono numerosos túmulos funerarios prehistóricos catalogados, petroglifos e outros xacementos. Denuncian que non se realizaron catas arqueolóxicas na zona a pesar de tratarse dunha área de alta concentración de patrimonio arqueolóxico prehistórico como son as mámoas, con varias na área limítrofe ao parque. Dado este dato, deberíase aplicar un  principio de extrema prudencia para tratar de non destruír ou danar de forma irreversible o patrimonio arqueolóxico que puidese acharse durante as obras do parque.

Resaltan o alto impacto paisaxístico sobre o horizonte visual dos espazos protexidos próximos, o patrimonio histórico artístico ou as poboacións próximas é moito máis alto do que o estudo dá a entender e é do todo incompatible coas directrices da paisaxe aprobadas recentemente pola Xunta de Galicia.

A organización ecoloxista sinala que os parques eólicos proxectados son totalmente incompatibles co mantemento das turbeiras existentes. Lembran que as turbeiras son hábitats prioritarios e que prestan importantes servizos ecosistémicos.

As turbeiras desempeñan un papel fundamental na conservación da biodiversidade, debido a que son refuxio dalgunhas das especies máis raras e inusuais da flora e fauna dependente dos humidais. Interveñen no ciclo hidrolóxico, debido á súa gran capacidade de reter auga. Estes ecosistemas son recargados por precipitacións e a auga que é captada libérase gradualmente cara ás concas, comportandose así como reservorios de auga nas secas. As augas recollidas na Serra do Suído tributan no río Oitaven e no río Tea, ambos correntes de auga doce realizan un servizo ecosistemico insustuible á area metropolitana de Vigo e do Condado respectivamente.

As turbeiras tamén inflúen directamente na calidade da auga, xa que operan como filtro natural cara ás augas subterráneas, reducindo a mobilización e transporte de sedimentos e fixando compostos nocivos como metais pesados. Grazas á acumulación das capas de turba, participan na fixación de carbono (en maior medida que os bosques). Conteñen aproximadamente 1/3 das reservas de carbono do mundo, as cales son o resultado dun lento proceso de acumulación. Constitúen verdadeiros arquivos paleoambientais que serven para reconstruir os cambios paisaxísticos do pasado e os climas anteriores.

Denuncian que tampouco  se valora o impacto do parque nin da apertura de viais de acceso sobre outros hábitats prioritarios, como os  brezales húmidos  e secos de montaña ou os bosques de galería que rodean os numerosos arroios da zona é tamén alta e non se valora o impacto do parque nin tampouco o da apertura de viais de acceso.

Alertan que a comunidade de anfibios e réptiles presentes na zona é rica, como o propio estudo de impacto ambiental recoñece pero omite a presenza de especies ameazadas incluídas como tal no catálogo galego de especies ameazadas, como a píntega  rabilarga (Chioglossa  lusitanica). Esta especie, moi sensible á alteración da súa  hábitat, está presente na zona segundo o Atlas dos anfibios e réptiles de Galicia en todas as cuadrículas afectadas polo parque. A presenza da píntega  rabilarga fai incompatible a instalación do parque eólico coa conservación da especie. E por tanto debe refugarse a idea dada a alta afectación aos arroios da zona con presenza da especie.

Ademais, sinalan, a serra do Suído ten unha importancia clave para as aves no contexto galaico. Sendo o punto da metade Sur de Galicia con maior presenza estacional de aves rapaces como o abutre común (Gyps fulvus) ou negro (Aegypius monachus) ou peneireiro das torres (Falco naumanni), especies habitualmente moi afectadas polos choques contra os muiños de producción eólica e os tecidos eléctricos asociados. O Suido consta coa nidificación comprovada de especies presentes no catálogo galego de especies ameazadas como a gatafornela (Circus cyaneus), a rapina cinsenta (Circus pigargus), ou con protección anivel estatal, como é o caso da águia cobreira (Circaetus gallicus) ou a caudal (Hieraeetus pennatus).

Tamén é unha área de dispersión constatada clave para  a águia real en Galicia, ao seren observados exemplares dispersantes procedentes do proxecto de reintroducción da especie no PN da Serra do Xurés. Águia real é unha especie en perigo de extinción en Galicia, que ten un plan de recuperación en vigor e así consta no catálogo galego de Especies ameazadas. Un impacto severo tamén para as poboacións de lobo pola fragmentación do territorio.

La entrada Solicitan que á Xunta protexa a Serra do Suído das continuas agresións aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires