Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Non se borrará a lagoa de Antela da nosa memoria

  • Ecoloxistas en Acción lanza unha campaña audiovisual, coa colaboración do realizador de documentais Adrián Vilas, para reclamar ao Miterd que sexa ambicioso co proxecto de recuperación da lagoa de Antela e a actuación aprobada abranga polo menos toda a extensión que era de titularidade pública ou monte comunal antes do desaugamento.
  • A organización ecoloxista sinala a importancia ecosistémica  de recuperar os humedais e agarda que esta actuación sexa o primer paso para renaturalización integral da lagoa de Antela.

Sobre este desaugado humidal cóntanse fermosas lendas como a de Antioquía: poderosa urbe na antigüidade que, como castigo do deus cristián por adorar o galo, foi asolagada na súa totalidade dando lugar á lagoa.  A ira divina fixo desaparecer a herética cidade pero o galo, símbolo sacro e  iniciático dos celtas, aínda destaca nas torres e campanarios das igrexas e pazos de Galicia. Sobre as augas da Limia pesa tamén a antiga lenda de que todo aquel que as surque ou se digne a beber delas perderá a memoria para sempre.

O pasado 2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais, o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico anunciou a recuperación dunha parte da lagoa de Antela en Ourense. Con anterioridade ao anuncio do Miteco, tanto a  Sociedade  Galega de Historia Natural, como a Asociación de Amigos da lagoa da  Janda en Cádiz e a Asociación de Naturalistas Palentinos, pola lagoa da Nava en Palencia, expuxerámoslle ao Ministerio a posibilidade de recuperar estas tres lagoas que eran o tres máis grandes do interior da península.

A lagoa de Antela, un do tres máis grandes do interior de España,  alcanzaba máis de 40 km de perímetro e ocupaba 4.000 hectáreas na chaira da comarca da Limia. Innumerables foron os intentos de desaugalo. Un dos intentos serios foi o dos romanos. Pobo  alarife por excelencia e sempre tan dispostos aos alardes arquitectónicos abordaron a drenaxe do humidal coa construción dun emisario principal e unha  tupida rede de pequenas canalizacións. Este emisario principal que medía 26 quilómetros de longo e 17 metros de ancho.

Na época moderna houbo varios intentos no século  XIX, pero non foi ata a escura era franquista cando se consumou a  desecación En 1956 o réxime franquista publicou unha lei que declaraba de “alto interese nacional” as obras de  desecación e a posterior concentración parcelaria e en 1958 comezaron as obras, que moi rapidamente fixeron desaparecer a lagoa. O desastre ecolóxico estaba servido, a  desecación eliminou unha parte moi importante da rica diversidade animal e vexetal do humidal carrexando efectos moi negativos sobre a calidade dos chans.

Ecoloxistas en Acción agarda que o anuncio do Ministerio sexa consistente e leve a cabo de xeito ambicioso máis pronto que tarde. A actuación será beneficiosa para a comarca desde un punto de vista socio económico, pola necesidade de mellorar a calidade e cantidade das augas e, por suposto, para garantir un hábitat para a biodiversidade.

O documento audiovisual está protagonizado pola aves, quen son o mellor expoñente da biodiversidade que aínda estamos a tempo de salvagardar cunha actuación decidida. As protagonistas segundo a súa orde de aparición son: Cegoña branca, Conícora europea, Merguillete galancia, Garza da Noite, Picanzo cazcarrollo, Peto real, Rola turca , femia de Escribenta das canaveiras e Ganso Bravo.

La entrada Non se borrará a lagoa de Antela da nosa memoria aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires