Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Denuncian as consecuencias da moratoria trampa do eucalipto

  • Ecoloxistas en Acción denuncia as cortas a matarrasa na contorna das Brañas de Raxoi para replantar masivamente con eucaliptos.
  • A organización ecoloxista sinala que estas son as consecuencias da moratoria trampa do eucalipto decretada polo goberno da Xunta.
  • Resaltan que a suposta moratoria lonxe de frear as plantacións de eucalipto, agocha unha legalización e harmonización das plantacións ilegais desta especie invasora.

Ecoloxistas en Acción  alerta que nas inmediacións das Brañas de Raxoi en Guitiriz realizouse unha corta a matarrasa de 20 hectáreas aproximadamente na que se tallaro pinos radiata, grandes bidueiros, carballos e tamén sanguiños, pereiras bravas e castaños na contornos da lagoa. Posteriormente a corta se plantaron centos de Eucaliptos globolus.

A braña de Baxoi está catalogada no Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Guitiriz como solo rústico de especial protección de espazos naturais. A zona forma parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño, (recollido no libro LIC Parga-Ladra-Támoga Terras de Pedra e Auga Miño, editado para Rede Natura 2000/Life Natureza).

Feitos:

  • Corta a matarrasa de 20 hectáreas.
  • Plantación de Eucalipto globolus na zona deforestada.
  • Sucedeu en época de cría. A zona ten varias especies de rapaces.
  • Afección ao humedal, unha turbeira grande

Ecoloxistas en Acción solicitou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que se levanten os eucaliptos plantados, alomenos 200 metros desde a beira da turbeira e que se proceda á correspondente sanción e a obligación de repoñer a parcela ao seu estado anterior.

La entrada Denuncian as consecuencias da moratoria trampa do eucalipto aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires