Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Alertan sobre presenza de uranio na mina de San Finx

Ecoloxistas en Acción demanda a realización dun estudo radiolóxico como parte do preceptivo procedemento de avaliación de impacto ambiental da explotación mineira en San Finx ante a recén elaboración dun estudio que confirma a presenza de uranio nesta mina.

Ecoloxistas en Acción ven de por en coñecemento da Xunta de Galicia e do Consello de Seguridade Nuclear a confirmación de que na mina de San Finx existen concentracións significativas de uranio, mineral radioactivo de elevada perigosidade. Así o confirma un traballo de investigación da Universidade de Oviedo ao que tivo acceso a entidade Ecoloxista e que foi remitido tanto ao departamento de minas como a Augas de Galicia como á Administración nuclear.

Mentres que a actividade da mina xa debía terse sometido á avaliación de impacto ambiental por tratarse dunha explotación con presenza de sulfuros que provocan drenaxes ácidas de mina con elevadas concentracións de metais pesados, e por estar a menos de 1 km de varios núcleos de poboación, a presenza de uranio fai imprescindible que a mina sexa ademáis obxecto dun estudo radiolóxico que permita determinar os posibles impactos sobre o ambiente e a saúde das poboacións aledañas e das persoas traballadoras na propia explotación.

En realidade, a posible presenza de uraninita nas pegmatitas de San Finx xa fora apuntada nun estudo realizado en 1981 pola Comisaría da Enerxía e dos Recursos Mineirais do entón Ministerio de Industria, e que agora, 40 anos despois, confirma o estudo realizado no Departamento de Xeoloxía da Universidade de Oviedo.

A organización ecoloxista sinala que as concentracións de uranio non son suficientes para xustificar o seu aproveitamento comercial, que comezan a ser viables a partir de 40 ou 50 partes por millón (ppm), en San Finx as concentracións detectadas están por volta de 12 ppm. Pero alertan que si son o suficientemente elevadas para a necesidade de realizar un estudo radiolóxico como parte da avaliación de impacto ambiental que Ecoloxistas en Acción e numerosos colectivos veñen demandando desde fai anos.

La entrada Alertan sobre presenza de uranio na mina de San Finx aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires