- Ecoloxistas en Acción de Ourense congratúlase de que o Ministerio de Transición Ecolóxica propoña as augas do encoro das Conchas como masa de auga afectada por contaminación de nitratos e a masa de auga subterránea da Limia como auga en risco de estar afectada por contaminación de nitratos.
- A organización ecoloxistas agarda que este recoñecemento sexa o primeiro paso para rachar coa inacción da Confederación Hidrolóxica do Miño-Sil respecto a esta catástrofe ambiental na comarca da Baixa Limia.
Ecoloxistas en Acción de Ourense denuncia que o encoro das Conchas non pode seguir contaminado pola gandería industrial co silencio cómplice das administracións competentes. O pasado mes de xuño, a organización ecoloxista, a través do grupo parlamentario Unidas Podemos, solicitaba no Congreso dos Deputados que o Ministerio de Transición Ecolóxica procedera á verificación da orixe do exceso de nutrintes ao encoro das Conchas e a súa vinculación co exceso de explotacións gandeiras industriais na comarca da Limia.
Sinalan a importancia de que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, organismo dependente do Ministerio, admita xa que o exceso de nutrintes derivados da actividade agrogandeira da conca do río Limia, que chega ata o encoro das Conchas, sexa o causante da contaminación difusa e eutrofización das masas de auga subterraneas. Pero esixen que este recoñecemento da problemática vaia aparellado de medidas para frear a aplicación de subproductos de orixe animal e fertilizantes nas zonas agrícolas da comarca da Límia.
Pola súa parte, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Sanidade, que ten competencias nas praias fluviais do encoro, ten analíticas de microcistinas con alarmantes valores e sen embargo, continúa a súa inoperancia á hora de informar ao turismo que se achega ás praias fluviais do encoro. “Somos sabedores de que houbo bañistas, neste mes de agosto, nas augas do encoro cando este estaba en nivel 3 de perigosidade sen que Sanidade fixera o seu traballo ata que foi denunciada”, di Montse Valencia voceira de Ecoloxistas en Acción.
La entrada O Ministerio insta á Xunta a que declare a baixa Limia zona vulnerable a nitratos aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires