- A Plataforma de afectados polo vial de Beade (AVIBE) rexistrou no concello de Vigo unha moción solicitando que o ecosistema formado polo río Barxa e polo río Eifonso sexa declarado Espacio natural de interés local (ENIL).
- O documento presentado foi elaborado de manera conxunta polas asociacións ecoloxistas: Adega, Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace. No texto se exponen as razóns polas que este ecosistema tan importante para a cidade de Vigo debe estar protexido.
A Plataforma de afectados polo vial de Beade (AVIBE) en representación da veciñanza das parroquias viguesas de Beade, Bembrive, Sardoma e Castrelos, xunto con diversas organizacións ecoloxistas da cidade solicitaron ás forzas políticas con representación no consistorio vigués que promovan no vindeiro pleno a presentación dunha moción para a declaración da contorna do cauce do río Barxa e do río Ildefonso como espazo natural de interese local (ENIL).
A moción para preservar o valor natural destes ecosistemas foi rexistrada pola plataforma e previamente elaborada por membros das asociacións ecoloxistas Adega, Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace.
No documento subliñase o papel dos ríos como conector dos espazos naturais coas entidades poboacionais polas que discorren, a súa función como axentes reconciliadores e unificadores do espazo, máis que separadores do mesmo polos que discorren. Nos vales fluviais dos ríos Eifonso e Barxa mantéñense espazos agrarios de interese natural e paisaxístico, en xeral inseridos nunha matriz urbana, cun grao de actividade e nivel de conservación excepcionais, que sosteñen a agricultura urbana e periurbana viguesa, e constitúen un dous feitos diferenciais do modelo de ocupación do seu territorio.
O río Eifonso mailo río Barxa, afluentes ambos do Lagares, conforman unha das paisaxes máis atractivas do Concello de Vigo. A poucos minutos do centro da cidade, na parroquia de Bembrive, reúnense todos os atractivos do bosque atlántico e abundantes pegadas etnográficas de gran valor, sendo na actualidade unha reserva de biodiversidade única no termo municipal.
As organizacións ecoloxistas que respaladan esta iniciativa non teñen dúbida de que o ecositema que conforman o río Eifonso e o Barxa son vitais para o Lagares porque achegan caudal e en si mesmos supoñen ricos ecosistemas que hai que protexer. Por iso, sinalan que está sobradamente xustificada á proposta de declarar este ecosistema como espazo natural de interese local.
La entrada Solicitan un ENIL para o ecosistema formado polo río Barxa e o río Eifonso aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires