Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Denuncian o despilfarro de auga en Vilagarcía a pesar da alerta de seca

  • Ecoloxistas en Acción denuncia que se fomente o despilfarro de auga cando Galicia está en alerta pola seca e sufrindo unha vaga de lumes. 
  • A organización ecoloxista solicita ao goberno local de Vilagarcía que rectifique, xa que as administracións públicas deben ser as primeiras en dar exemplo en tempos de crise. 

A pesar da declaración de alerta por seca en Galicia e da vaga de lumes que azouta o país, o concello de Vilagarcía fomenta o despilfarro de hectómetros de auga cunha «festa da auga», mais segundo Ecoloxistas en Acción, non se trata tanto de cuantificar os litros de auga a despilfarrar ou non na festa local, senón a mensaxe de que podemos seguir agotando recursos críticos, como a auga, sen que isto cause graves consecuencias.

A organización ecoloxista sinala que, de prolongarse a seca, que autoridade moral vaise arrogar o goberno local de Vilagarcía para demandar á veciñanza medidas drásticas de aforro no consumo de auga para superar o desabastecemento no ano hidrolóxico máis seco desde que hai rexistros.

Ecoloxistas en Acción pon de relevo que a insuficiencia do recurso hídrico é debida tanto á seca e vaga de calor  extremo como a un consumo insostible pola demanda da industria como da agricultura intensiva e gandería industrial. Ademais subliñan que durante décadas, o goberno autonómico apenas adoptou medidas para preservar as zonas húmidas e acuíferos, así, neste tempo, os humidais reducíronse case a metade en Galicia. Fan falla tamén medidas como modernizar unha rede de abastecemento obsoleta que provoca perdas de auga ou reutilizar as augas residuais tratadas.

A organización ecoloxista solicita ao concello de Vilagarcía que rectifique e converta a festa da auga nunha oportunidade para concienciar á veciñanza da importancia de facer un consumo responsable dun recurso cada vez máis crítico como a auga.

La entrada Denuncian o despilfarro de auga en Vilagarcía a pesar da alerta de seca aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires