Ecoloxistas en Acción Ourense ven de formular denuncia contra o Concello de Ourense por incumprimento da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galiza.
A organización ecoloxista rexeita as irregularidades producidas durante o desfile, somos testemuñas como ao Concello e aos seus rexedores, non lles preocupa o Benestar Animal, converténdoo nun reclamo para intereses individualistas.
As ecoloxistas creemos que estes eventos nos que se utilizan animáis son totalmente incompatibles co benestar animal, o que condenamos e esperamos erradicar a curto prazo totalmente en Galiza.
Un ano máis o Concello de Ourense meteunos con embude “A cabalgata de Reyes” utilizando animais vivos exóticos, un soño para o Concello, un pesadelo para os animais.
Na Cabalgata de Reis de Ourense do día 5 de xaneiro do 2023, entre as 17:30 horas e as 21:00 horas todos os asistentes fomos testemuñas como tres dromedarios foron vítima de tocamentos masivos (tirábanlles dos rizos da cabeza), ruídos, luces, berros, e música en directo, moi enxordecedora, centenares de persoas que nesas horas amontoábanse ao redor dos animais.
O público dáballes os caramelos que se tiraban no desfile, mesmo en ocasións os dromedarios recibían algún «caramelazo», que a comitiva tiraba sen coidado asustándoos (sen ter en conta o seu benestar animal).
Os tres dromedarios portaban incómodos e asustados ás súas maxestades soportando o gran peso,
¿Que necesidade teñen de ir montados sobre o lombo do animal ?
O desfile sufriu varias interrupcións debido aos problemas con varios dos dromedarios, un dos cales non quería continuar ao princípio e outro se amuló durante o percorrido asustado, seguramente, pola aglomeración de xente. O seu coidador tardou en conseguir que o cuadrúpedo tranquilizase e seguise o seu camiño.
Sua maxestade Baltasar tivo que facer o final do percorrido da Cabalgata de Ourense a pé debido a que o seu dromedario detívose e non quixo reemprender a marcha, tendo indicios de posuír molestias nunha das súas patas. E aínda por riba ás veces escoitábase a voz xocosa dalgún desalmado que ante o seu estado de medo e pánico dirixían mofas, e tratamentos indignos aos cuadrúpedos.
Os dromedarios, claro que foron moi «incomodados», non houbo coidados, nin sensibilidade, unha cabalgata non é o seu lugar, o seu lugar é na natureza en liberdade. Todas vimos que foron incomodados e e que non houbo benestar animal, todas vimos e percibimos a «angustia» dos animais pola presenza da multitude de persoas da comitiva, e persoas da organización do festival, que camiñaban rozando ós animáis, invadindo o espazo dos animáis, nin mostrando así o seu respecto polo benestar animal, ante tanto xaleo, eses animais sofren ou están tensos e que ademais se trata de un estrés “non adaptativo”: “É un erro considerar que estes animais, como pasaron por moitos eventos deste tipo, van adaptar”.
Non fai falta chegar a estas situacións cos animais para que os nenos teñan ilusión con Papa Noel. A ilusión do Nadal non depende de ningunha cabalgata ou exhibición»
Ao final todo se reduciu a un grupo de pobres renos cansos e esgotados de camiñar durante horas por todas as rúas entre gentío e ruído, acompañados iso si, polo correspondente Papa Noel e os seus elfos»
No sistema normativo galego «existe un baleiro que permite estes paseos con toda clase de animais, xa que a Lei de Benestar Animal de 2017 só veta o uso en funcións circenses e só regulamenta os eventos con animais de compañía, como podería ser unha feira para fomentar a adopción de cans e gatos».
En Galicia estas prácticas son residuais e esperamos que pronto inexistentes, condenamos o uso de animais en cabalgatas como as de Reis, e seguiremos loitando para que non se repitan.
! Xa abonda !

Fomos testemuñas como tres dromedarios foron vítima de tocamentos masivos (tirábanlles dos rizos da cabeza), ruídos, luces, berros, e música en directo, moi enxordecedora, centenares de persoas que nesas horas amontoábanse ao redor dos animais.
La entrada A Cabalgata de Reis, un soño para o Concello, un pesadelo para os animais aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires