- Os ecoloxistas denuncian que a celebración do macrofestival no Parque de Bens, a maior zona verde da coruña, terá un alto impacto ambiental no mesmo e na súa contorna, afectando as Illas de San Pedro, zona protexida, e ós veciños dos barrios adxancentes, como o dos Rosais.
- O festival, celebrado anteriormente en Almería, acumulou varias queixas polos veciños da zona, que denunciaron, entre outras cousas, un ruído ensordecedor as 24 horas do día.
Recentemente anunciouse o “Wake Up & Dream Festival”, un evento programado polas empresas El Pelícano, Wake Up e DreamBeach, cun cartel cheo de artistas de corte internacional que promete dous días cargados de música e decibelios. E xustamente ahí radica o problema segundo os ecoloxistas, todos estes decibelios, así como toda a actividade e lixo derivado de dito festival, xa denunciado noutras ocasións, impactarán negativamente tanto no medioambiente como na saúde da veciñanza da Coruña.
O cartel do macrofestival anuncia a súa execución os días 14 e 15 de Xullo no Parque de Bens, un lugar considerado polo Concello da Coruña como un espazo natural que require especial protección contra a contaminación acústica. “É unha tolería”, declara o voceiro de Ecoloxistas en Acción, Eloy Pérez, “Quérese facer un macrofestival nun lugar que debe estar protexido contra o ruído. Que será o seguinte? Facer unha competición de pesca no acuario? É que non hai por onde collelo. Non se entende que o concello permita esta atrocidade, este atentado medioambiental que non depara mais que destrucción a este fermoso parque que temos na Coruña”.
O Parque de Bens, un punto de unión coa natureza no Concello da Coruña
O Parque de Bens, coñecido como zona de relax e ocio do que pode desfrutar a cidadanía da coruña, é fogar de infinidade de prantas e animais, según recolle o Mapa de Diversidade Biolóxica do Concello da Coruña feito polo Grupo Naturalista Habitat. Entre esta fauna atópanse especies protexidas como é o caso do Lagarto Arnal ou o Cernícalo Común, aos que a realización do macrofestival pode afectar de maneira significativa.
A maiores do ruído, a organización ecoloxistas teme tamén os impactos que se poidan derivar da actividade humana no macrofestival, “Estamos falando dun festival que pretende reunir a 50.000 persoas, con todo o que iso implica. Con toda seguridade, nun evento destas características e con tal concentración de persoas, a actividade humana e o lixo deixarán pegada no parque, que en moitas zonas matense asilvestrado paraEsepedie protexida conservar a biodiversidade.” Ecoloxistas en Acción pide que se aprenda do pasado e non se volvan a cometer os mesmos erros, “esta zona que antes era un vertedoiro, e afortunadamente foi recuperada e hoxe é un referente para o desfrute dos veciños e punto de unión coa natureza, non botemos todo ese traballo por terra”.
A contorna, tamén afectada polo ruído ensordecedor
A asociación tamén apunta que preto deste parque, como agravante, atópanse as Illas de San Pedro, consideradas ENIL (Espazo Natural de Interese Local) polo Concello da Coruña, e que tamén se verán afectadas pola realización do macrofestival. “Un festival desas características chega aos 120 decibelios, cando unha zona protexida ten un máximo de 60, independientemente de onde se orixinen. Isto provocará un alto nivel de estrés e perxudicará a toda a fauna e flora da contorna”. Nestas illas, recalcan, tamén existen especies que se atopan ameazadas, como o Corvo mariño cristado, e cuxa conservación é vital para manter a biodiversidade do lugar en bo estado.
amén preocupa o impacto que producirá o festival no Centro Municipal de Animais de Compañía, que se atopa ao carón do parque de bens e que acolle a preto dun cento de cans e gatos. Neste aspecto, a asociación coincide en que do mesmo xeito ca fauna salvaxe, someteráse a un nivel de estrés altísimo aos animais refuxiados neste centro.
Por último, pero non menos importante, Ecoloxistas en Acción lembra que este evento terá tamén consecuencias para o descanso da veciñanza do lugar. Un exemplo é a urbanización dos Rosais, que se pode apreciar perfectamente dende o Parque de Bens, e que non conta con ningún obstáculo que poida amortiguar o elevado ruído que se poda xerar neste macrofestival, que xa foi o tormento da veciñanza de Villaricos (Almería) en anteriores ocasións.
Por estes motivos, Ecoloxistas en Acción pide que se translade este festival a outra zona mais apropiada no que non se produzan danos ao entorno nin ós veciños. “Non estamos en contra deste tipo de eventos. Comprendemos que a xente ten dereito a desfrutar da música, pero para iso non pensamos que sexa necesario poñer en risco os espazos naturais de tan alto valor ambiental, que tanto ben lle fai conservar aos veciños e veciñas da Coruña”.
La entrada O Wake Up & Dream Festival é denunciado por Ecoloxistas en Acción aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires