Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Concéntranse en Noia contra as tentativas de intimidación da empresa mineira de San Finx

  •  Estaba chamado a declarar ante o Xulgado de Noia o director da mina para ratificar unha denuncia falsa presentada contra Ecoloxistas en Acción.
  •  Desde a Plataforma advirten que haberá “tolerancia cero” frente intimidacións e outro tipo de ameazas ante as ilegalidades da mina de Lousame.

A Plataforma comarcal contra as verteduras das Minas de San Fins organizou unha concentración ante os Xulgados de Noia para mostrar a súa absoluta repulsa ante as denuncias falsas e infundadas presentadas pola empresa mineira contra Ecoloxistas en Acción, como parte dunha campaña de acoso xudicial que pretende silenciar as protestas.

A concentración celebrouse no momento no que o director facultativo da mina Iván Losada estaba chamado a comparecer ante os Xulgados para ratificar a denuncia presentada por Tungsten San Finx en relación a por un acto simbólico realizado o pasado 5 de xullo no que se taponou durante breves instantes o tubo a través do que a empresa realiza vertidos ilegais. Precisamente a raíz desta protesta e dos escritos remitidos a Augas de Galicia por ese colectivo e a Plataforma, vense de iniciar un procedemento sancionador que podería carrexar unha sanción de ata 300.000 euros á empresa, logo de comprobarse que os niveis de cadmio no río a poucos metros do tubo taponado superan 78 veces o máximo legal permitido.

Na vista tamén estivo presente o avogado de Ecoloxistas en Acción, que pediu ante a xuíza instrutora o arquivo da causa e a imposición de costas á empresa, lembrando que esta ven facendo uso sistemático de denuncias falsas. Xa en 2017 interpuxera denuncias similares contra outras dúas organizacións ecoloxistas logo de que estas alertaran á administración de ilegalidades cometidas pola empresa.

Para Ecoloxistas en Acción, “isto non é máis do que unha tentativa desesperada da empresa de calarnos a través dunha acción xudicial contra a participación pública”, coñecidas como “SLAPP” en inglés. Por este mesmo motivo, puxeron o caso en coñecemento da Relatora Especial das Nacións Unidas sobre a situación das persoas defensoras de dereitos humanos, a irlandesa Mary Lawlor, que abriu un procedemento e trasladará os feitos á Embaixada de España ante a ONU en Xenebra.

Paralización do vertido

Durante a concentración, os portavoces da Plataforma, Joám Evans e Rogelio Santos, tamén cargaron contra Xunta demandando que paralice o bombeo de case mil millóns de litros de augas contaminadas con metais pesados que irían a parar á ría de Muros e Noia, a tan só 7 km da mina. Lembrando que a autorización de vertidos foi ilegal de por si, indicaron que os reiterados incumprimentos de prazos pola empresa é motivo máis que suficiente para dar carpetazo a un proxecto que carece de avaliación de impacto ambiental e que causará enormes prexuízos ás millares de familias que dependen do marisqueo na comarca.

La entrada Concéntranse en Noia contra as tentativas de intimidación da empresa mineira de San Finx aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires