Presentamos o informe «Trabajo y transición ecosocial» no que participamos Ecoloxistas en Acción xunto con Anticapitalistas, ELA, LAB, ESK, IAC e MATS.
A crise ecosocial está poñendo en cuestión o mundo do traballo e as relacións laborais e fai urxente repensar alternativas que restauren o equilibrio entre ser humano e medio ambiente.Esta investigación mostra a potencialidade dunha transformación laboral en clave verde, que produciría centos de miles de empregos e unha reducción do impacto da nosa sociedade sobre a natureza.
Todo isto, baixo o único marco que o fai posible, que é a creación dunha economía que non estea sometida á creación de beneficio senón de valores útiles para as maiorías sociais.
Este informe realizado en común por organizacións ecoloxistas, sindicatos e espazos ecosocialistas, trata de mostrar con números concretos, pero tamén con análises sectoriais, que hai transformacións que se poden realizar de xeito inmediato e que terían un impacto concreto e específico na creación dunha economía baixa en emisións e artellada de forma sostible dentro do conxunto de ecosistemas.
La entrada Traballo e transición ecosocial aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires