Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Desleixo da Xunta ante a mortandad de aves pola contaminación do encoro en Vilagudín (Ordes)

Ecoloxistas en Acción denuncia o desleixo da Consellería de Medio Ambiente ante o episodio de contaminación das augas do encoro de Vilagundín (Ordes) que causou a morte de alomenos 50 aves e o envelenamento de varios centos.

Encoro de Vilagundín (Ordes)

A organización ecoloxistas sinala que a finais de agosto apareceron multitude de aves mortas na orilla do encoro de Vilagudín (un embalse situado entre Ordes/ Tordoia/ Cerceda). No reconto realizado suman 50 aves mortas, 20 aves enfermas moi debilitadas, 20 debilitadas que aínda voan ou se moven, 30 aves no sitio que voan e aproximadamente  200 gaivotas a uns 500 metros pousadas na auga.

A maioría das aves se identifican como gaivotas das seguintes especies Gaivota Sombría (Larus fuscus), Gaivota Chorona (Chroicocephalus ridibundus), Gaviota Patiamarela (Larus michahellis) e  Gaviota Reidora  (Chroicocephalus ridibundus).

Ecoloxistas en Acción denuncia que ate o 8 de setembro non se limpa a zona recollendo as aves mortas poñendo en risco aos depredadores destas aves envelenadas, xa que varias aves apareceron predadas probablemente por raposo, intruducíndose o veleno na cadea trófica. A inacción da Xunta terá un grave impacto final sobre a fauna silvestre.

A organización ecoloxista solicita a Medio Ambiente que indague as causas e o causante da contaminación e que adopte medidas para evitar novos episodios de envelenamento. Entenden que debe decretarse sen máis dilación a prohibición da pesca nas augas do embalse de Vilagudín.

La entrada Desleixo da Xunta ante a mortandad de aves pola contaminación do encoro en Vilagudín (Ordes) aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires