Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Concentracións contra os proxectos eólicos na provincia de Pontevedra

  • Ecoloxistas en Acción Rías Baixas apoia as convocatorias en Pontevedra, A Lama, Gondomar, Marín e Bueu, que solicitan paralizar os proxectos de parques eólicos nos montes da nosa contorna, polo seu forte impacto ambiental, económico e social.
  • A política eólica ten que protexer os espazos de maior valor ecolóxico, primar o desenvolvemento rural e a xeración distribuída en mans da cidadanía, así como debe acompañarse dun forte decrecemento do consumo enerxético.

Segundo Ecoloxistas en Acción, para contribuír a limitar o quecemento global a 1,5 ºC, Galicia debería reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) polo menos un 65 % en 2030, con respecto a 1990, e para iso e necesario acelerar a transición enerxética. Dita transición non dependería so dun incremento da produción eléctrica renovábel, debe acompañarse tamén dun forte decrecemento do consumo enerxético e do peche canto antes das centrais eléctricas fósiles.

A aposta de Ecoloxistas en Acción de Galiza pola enerxía eólica está enfrontada co “tipo de políticas públicas que a están a promover, enmarcadas na procura dun ilusorio ‘crecemento verde’ que desborda os límites ambientais, deseñadas á medida dos intereses de grandes empresas privadas en detrimento das comunidades rurais, e con consecuencias moi negativas para numerosos espazos de alto valor ecolóxico”.

‘Ecoloxistas’ defende “que nas zonas de alto valor ecolóxico, estean ou non na actual Rede Natura 2.000, se impida a instalación de novos parques eólicos e se repotencien os existentes”, o que “obrigaría a desmantelar progresivamente máis dun 30 % da potencia instalada até hoxe” e a ter en conta os intereses ata agora relegados da poboación rural.

Nun documento de análise e propostas sobre a enerxía eólica, Ecoloxistas en Acción de Galiza tamén defende medidas como priorizar o autoconsumo, a promoción das comunidades enerxéticas cidadás, a creación de empresas públicas, o incremento das rendas para os propietarios dos terreos que acollen parques eólicos e o achegamento da produción aos principais focos de consumo. Deste xeito. minimizaríanse as afeccións territoriais e maximizaríanse os beneficios sociais do aproveitamento do vento.

 

La entrada Concentracións contra os proxectos eólicos na provincia de Pontevedra aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires