Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Multitudinaria concentración en Noia en protesta pola autorización da mina de San Finx

  • ​Multitudinaria concentración da veciñanza de Noia para recriminar ao goberno da Xunta a recente autorización de vertidos á mina de San Finx. O baleirado  dos pozos da mina conlevará unhas drenaxes acédas que porán en grave perigo a pesca e marisqueo na ría.
  • Ecoloxistas en Acción sumouse a concentración convocada pola plataforma “Vida e Ría ou Minaría?” en protesta pola autorización duns vertidos que, de producirse, contaminarán a ría de Noia con metais pesados. Un impacto ambiental que pode condear durante décadas aos centos de familias que viven da pesca tradicional na ría de Noia.
  • A veciñanza de Noia agardaba, fronte ao Coliseo de Noela, poder expresarlle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o seu rexeitamento á autorización de vertidos. Non apareceu Rueda, no seu lugar Puy Fraga, portavoz del Partido Popular en el Parlamento de Galicia, levouse o abucheo

Ecoloxistas en Acción denuncia a ilegalidade da proposta de resolución que ven de emitir Augas de Galicia para autorizar os vertidos da mina de San Finx, situada a apenas 7 km augas arriba dos bancos marisqueiros da ría de Muros-Noia e do espazo da Rede Natura 2000 do Esteiro do Tambre. A proposta ven de dictarse nun procedemento pragado de irregularidades que leva sete anos en trámite e anuncian accións legais contra os funcionarios e altos cargos responsábeis.

Segundo a organización ecoloxistas, a autorización de vertido busca apenas garantir a escapatoria do Grupo SACYR, que a finais de decembro pasado asinou un acordo entregando a mina a unha empresa australiana, Biscay Minerals, desprovista de fondos e que non ten ningunha outra mina ou proxecto en todo o planeta. O acordo estaba condicionado a que a Xunta outorgara á mina a autorización de vertido, pois do contrario sería Sacyr quen terá que asumir os custos de restaurar e clausurar definitivamente a explotación.

Por iso, alertan que este “favorazo”, que atribúen directamente ao presidente Alfonso Rueda e ao vicepresidente Francisco Conde, non pasará desapercibido pois o cúmulo de falsedades e vicios do procecemento de vertidos só podían ter levado á denegación e arquivo da solicitude. Independentemente de que a eventual resolución, que esperan sexa emitida a finais de agosto aproveitando o periodo vacacional, sexa impugnada xudicialmente, o asunto levarase tamén á vía penal ao existir indicios claros de delitos de prevaricación.

La entrada Multitudinaria concentración en Noia en protesta pola autorización da mina de San Finx aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires