Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Sinalan a Coren como un dos responsables da degradación ambiental do rural galego

  • Na Semana de Loita Stop Gandaría Industrial, activistas da comarca de Vigo realizan unha acción de protesta diante das instalacións de Coren no Porriño.
  • Apuntan á integradora Coren e o modelo agrogandeiro industrial priorizado pola Xunta de Galicia como uns dos responsables da excesiva carga gandeira e deficiente xestión de refugallos que contamina comarcas galegas.
  • A gandaría industrial contribúe moito ao cambio climático e á contaminación por nitratos da terra e da auga, mentres a agricultura e gandaría tradicionais producen alimentos de calidade, preservan a biodiversidade e protexen un ben esencial como a auga.

A Coordinadora estatal Stop Gandaría Industrial, composta por máis de 70 organizacións estatais e internacionais, volve organizar unha semana de loita para denunciar e visibilizar o seu rexeitamento ás macrogranxas polos perigos ambientais, socio-económicos e de saúde derivados deste modelo intensivo de cría e engorde de gando.

Activistas de Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e o Movemento Ecoloxista da Limia (MEL), acudiron ao maior centro de procesado de porco do país, as instalacións de Frigolouro no Porriño, da integradora Coren, e colocaron medio cento de sinais reclamando a prohibición da gandaría industrial.

Con esta acción desenvolvida na comarca de Vigo, as organizacións pretenden tamén a sensibilización ante este problema ambiental nas contornas urbanas, as grandes consumidoras dos productos procedentes da gandaría industrial. Salientan a importancia de concienciar á cidadanía que vive máis allea á contaminación da auga superficial e subterránea, aos malos cheiros, á degradación da terra, ao despoboamento rural, e que non ve nin escoita os animais amoreados nestas fábricas de carne, leite e ovos.

“A gandaría industrial concéntrase en producir moito, producir rápido e producir ao máis baixo custo posíbel, máis non ten en conta as consecuencias ambientais, sociais e de malos tratos animais, entre outras. Queremos concienciar á poboación do grave impacto que está a ter a proliferación sen control da mesma. Cómpre unha moratoria para pór freo á concesión de novas licenzas ou ampliación das xa existentes e transitar cara a outro modelo máis ecolóxico e extensivo, reducindo a carga gandeira cando menos un 50 % para 2030”, apuntou Manoel Santos  voceiro da acción da Coordinadora en Galicia.

Contaminación da auga e cambio climático

A contaminación da auga por nitratos no Estado español é tan grave que levou á Comisión Europea a denunciar a España ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea por incumprimento da Directiva de Nitratos, o que podería rematar nunha multa millonaria.

Malia as reiteradas denuncias a Xunta de Galicia segue sen declarar ningunha Zona Vulnerable á Contaminación por Nitratos, pese aos efectos nocivos que a gandaría está a causar en comarcas como A Limia, O Deza, Bergantiños ou A Terra Chá entre outras. Esta declaración corresponde á Xunta, que se resiste a facela, malia que recentemente recoñeceu que cando menos o 10% da superficie agraria galega, unhas 60.000 hectáreas, están contaminadas por nitratos. De igual xeito, os acuíferos ou augas subterráneas tamén están moi contaminadas, especialmente na Limia, por mor da agrogandaría industrial e no río Louro, onde se sitúa Frigolouro, por mor da presión industrial.

Por outra banda, a gandaría intensiva é tamén unha gran xeradora de gases con efecto invernadoiro (GEI) en toda a súa cadea de produción. Dende 1990 a emisións da mesma non paran de medrar, xunto a outras coma o transporte, mentres que as procedentes do sector enerxético baixan. Galicia é, despois de Catalunya, a comunidade autónoma con maior xeración de GEI provocadas pola ganadería industrial, co 12% do total.

10 razóns para rexeitar a gandaría industrial

  • Contaminación de augas e chans: o exceso de xurros provoca a contaminación de augas e chans por nitratos e outros compostos, así como a eutrofizaciónde masas de auga.
  • Sobreexplotación de acuíferos: unha explotación de 2.000 porcos consome case 20.000 litros de auga cada día.
  • Emisións de gases de efecto invernadoiro: o sector agrícola é xa o terceiro maior contribuínte ás emisións de GEI. En 2021 foi o responsable do 13,4 % das emisións directas de GEI.
  • Deforestación: a inxente cantidade de pensos necesaria para alimentar á gandaría industrial é un importante factor de deforestación. O 80 % da superficie agrícola mundial destínase a producir alimentos para animais.
  • Danos á saúde: pola vertedura de restos de antibióticos, e xunto a eles bacterias resistentes, aos ríos achegados ás explotacións. O excesivo consumo de carne vermella e procesada e de augas contaminadas por nitratos está relacionado con algúns cancros e outras doenzas.
  • Precarización do emprego: o modelo de gandaría integrada promovido por corporacións coma Coren xera pouco emprego ao estar altamente industrializado. Os gandeiros perden o control sobre os medios de produción.
  • Explotacións familiares extensivas en risco: a cabana gandeira industrial, especialmente de porcos e aves, medra rapidamente mentres desaparecen pequenas explotacións que non poden competir.
  • Nos últimos 10 anos reducíronse nun 27% as explotacións asociadas ao territorio.
  • Concentración da riqueza: cada vez hai menos granxas e máis instalacións industriais de grandes dimensións en mans de integradoras que levan o beneficio.
  • Falta de benestar animal: os animais viven amoreados e sométeselles a prácticas como castración, cortado de dentes e raboteo sen anestesia.
  • Non fixa poboación ao territorio: despoboamento progresivo ao perderse explotacións tradicionais e familiares. O 74 % dos municipios con gandaría industrial perde máis poboación, ou gañan menos, que os municipios sen ela.

La entrada Sinalan a Coren como un dos responsables da degradación ambiental do rural galego aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires